Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Programa de Mobilidade Virtual Internacional UNED CAMPUS NET

29 de septiembre de 2014

Convocatoria 2014/2015: 16 bolsas ofertadas.

Que é o Programa de Mobilidade Virtual Internacional?

  • É un programa que ofrece a posibilidade de cursar estudos noutra Universidade diferente á de orixe do estudante, mediante as posibilidades que ofrecen as metodoloxías de educación aberta, a distancia e virtual; así como o recoñecemento dos estudos que se realicen.
Que é CAMPUS NET?

  • É unha iniciativa da UNED a través da cal se pretende favorecer o intercambio de estudantes de mobilidade virtual entre Universidades de Europa e América Latina co obxectivo de harmonizar os procedementos necesarios entre as institucións adheridas a esta convocatoria.
Como se organiza?

  • En redes académicas anuais, no seo das cales se establece a oferta de materias que se poderán cursar.
Cúales son os obxectivos?

  • Fomentar o intercambio de estudantes de Grao entre as Institucións de América Latina e Europa que conforman o Campus.
A quen vai dirixido?

  • A estudantes de Grao de Universidades iberoamericanos e europeos definidas en cada convocatoria como participantes do programa. En cada convocatoria anual especificaranse as institucións que se adheriron ás bases xerais da convocatoria. Cada universidade fará pública a súa propia convocatoria.
Cales son as prazas ofertadas para os alumnos UNED nesta convocatoria?

Dereito. Universidade de destino:

  • FernUniversität (Alemaña) -3 prazas ofertadas
  • Open Universitëit (Holanda) -3 prazas ofertadas
Educación. Universidade de destino:

  • Universidade Nacional de Quilmes (Arxentina) -5 prazas ofertadas
Enxeñaría. Universidade de destino:

  • Universitá TelematicaInternazionale UNINETTUNO (Italia) -5 prazas ofertadas

Cales son os requisitos?

  • Estar matriculado na UNED durante o curso 2014-2015 en estudos de Grao ou Licenciatura, despois de obter polo menos 60 créditos.
  • Estar matriculado, como mínimo, dunha materia e máximo de dous na Universidade de destino do UNED CAMPUS NET, ao mesmo tempo que nas materias da UNED. Valorarase no momento da selección o feito de que o estudante se matriculase en máis dunha materia en UNED CAMPUS NET.
  • Realizar o pagamento das taxas académicas na UNED e estar exento do pagamento das materias na Universidade na que vaia cursar os estudos, presentando o xustificante correspondente.
Canto dura o programa?

  • De outubro de 2014 a setembro de 2015.

Como se presentan as solicitudes?

  • Por correo electrónico a: movilidad-economico@adm.uned.es.
  • No asunto deberá indicarse claramente “Plazas de movilidad virtual internacional UNED Campus Net”.
  • A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae, copia do expediente académico (a través da Secretaría Virtual) e copia da matrícula do curso 2014-2015.

Cal é o prazo?

  • Do 29 de setembro ata o día 11 de outubro de 2014.

Máis información aquí.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es