Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior

1 de octubre de 2014

Coñece todas as vantaxes de ser alumno sénior na UNED A Coruña.

10 razóns para matricularte na UNED Sénior da Coruña

1. A UNED Sénior da Coruña é a única que pertence ao ámbito rural.

2. Pioneira e unha autentica dinamizadora no seu sector.

3. Facilita o coñecemento e axuda ao acceso da cultura a un colectivo que reside nun ámbito onde a oferta é menor.

4. Axuda a mellorar a túa calidade de vida.

5. Mellora a comunicación nas relacións persoais e sociais.

6. Coñecerás acompañeros e compañeiras con experiencias similares.

7. O Plan de Estudos é adaptado á realidade do teu ámbito.

8. Poderás matricularte naquelas materias que che resulten máis estimulantes.

9. Viajarás, irás a Museos, coñecerás mellor o teu ámbito, realizarás visitas culturais que che descubrirán novos horizontes, etc.

10. Ser alumno sénior A Coruña, é ser unha parte moi importante desta Universidade.

Que é UNED Sénior?

  • Trátase dun programa formativo que inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.

Obxectivos

  • Ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 55 anos, co fin de mellorar a súa calidade de vida.
  • Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal.
  • Favorecer a comunicación a través das relacións interpersoais e do encontro interxeracional.
  • Proporcionar todos aqueles elementos necesarios para un mellor coñecemento do ámbito cultural.

Participantes

  • A UNED-Sénior diríxese ás persoas maiores de 55 años, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.

Que achegarache?

  • Un espazo universitario propio.
  • Un lugar de encontro onde intercambiar coñecementos e experiencias.
  • Un itinerario flexible, adaptado ás necesidades de cada estudante.
  • Unha orientación personalizada.
  • Formación próxima ao teu lugar de residencia.
  • Acceso ás Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Programa

O programa UNED Sénior non se desenvolve nin no Centro Asociado da Coruña nin na Aula Universitaria de Ferrol, é a súa característica máis peculiar, a diferenza do que acontece cos programas Sénior doutras Universidades ou doutros Centros Asociados da UNED. Pretendeuse achegar este programa universitario aos maiores do ámbito rural.

Actualmente o ámbito de influencia da UNED Sénior do Centro Asociado da Coruña abrangue os municipios de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade e Rianxo.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es