Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Directo á investigación: 10 razóns para realizar un Doutorado

10 de octubre de 2014

Ampliado prazo ata o 11 de novembro de 2014.

10 razóns para realizar o Doutorado na UNED

1. Se tes vocación de investigador.

2. Se o teu desexo é facer carreira na docencia.

3. Se o que che interesa é afondar e dominar un campo de estudo determinado.

4. Este tipo de formación, mellora a túa capacidade crítica, e a túa capacidade de análise e síntese.

5. Realizarás unha contribución importante ao coñecemento achegando unha investigación orixinal.

6. Poderás acceder a grupos de investigación especializados.

7. Pódeche abrir portas cara a un novo ámbito laboral.

8. Faite máis competitivo.

9. Superalo supón alcanzar a maior meta académica.

10. A UNED permíteche realizalo co apoio dos mellores docentes e sen o carácter presencial. Ten unha oferta de programas moi diversa.

Que é o Doutorado?

  • Os estudos de Doutorado constitúen o terceiro ciclo dos estudos universitarios oficiais, e deben conducir á adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación científica de calidade.
  • Os Programas de Doutorado son o conxunto das actividades conducentes á adquisición das competencias e habilidades necesarias para a obtención do título de Doctor(a), tendo por obxecto o desenvolvemento dos distintos aspectos formativos do doutorando e establecendo os procedementos e liñas de investigación para o desenvolvemento das teses doutorais.
  • A superación destas ensinanzas dará dereito á obtención do título oficial de Doutor/a que terá carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Que é a Tese Doutoral?

  • A tese doutoral consistirá nun traballo orixinal de investigación elaborado polo doutorando en calquera campo de coñecemento. A tese debe capacitar o doutorando para o traballo autónomo no ámbito da I+D+i.

Que é a Escola de Doutorado UNED?

  • Creada por Acordo do Consello de Goberno, na súa reunión do día 23 de outubro de 2012, é o centro académico encargado da organización das ensinanzas e dos procesos académicos, administrativos e de xestión conducentes á obtención do título académico de doutor de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Cales son os Programas de Doutorado que oferta a UNED?

  • Novos Programas de Doutorado: Plan de Estudos (RD99/2011).
  • Antigos Programas de Doutorado: Plan de Estudos / EEES(RD 1393/2007) Plan de Estudos (RD 778/1998).

Oferta de Estudos aquí.

Escola de Doutorado UNED aquí.

Lexislación e normativa aquí.

Máis información: info@a-coruna.uned.es, info@ferrol.uned.es.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es