Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Idiomas a distancia. CUID

21 de octubre de 2014

Prazo de matrícula ata o 11 de novembro de 2014.

10 razóns para aprender un idioma na UNED

1. Falar un segundo idioma axúdache a ser un profesional máis competitivo.

2. Sitúate no mercado laboral con máis rapidez e axilidade.

3. Achega valor ao teu currículo.

4. Facilita o acceso a máis e mellor coñecemento: prensa estranxeira, portais internacionais, documentos e información especializada, foros, etc.

5. No plano persoal axuda a adquirir máis e mellores destrezas e habilidades.

6. A súa aprendizaxe, fomenta a creatividade e a intelixencia ao facilitar que o cerebro se estimule positivamente.

7. No Centro Asociado A Coruña, poderás estudar dous dos idiomas máis demandados: Inglés e Alemán.

8. Non é necesario asistir de forma presencial a clase.

9. Dispoñerás dunha plataforma con soporte docente durante todo o curso.

10. Os textos son adaptados á realidade non presencial da UNED.

Que é o CUID?

É Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED.

  • A finalidade do CUID é promover a aprendizaxe das linguas españolas cooficiais e idiomas estranxeiros.
  • Estas ensinanzas impártense como títulos propios da Universidade, a través dos Centros Asociados que colaboran co CUID.
  • Os niveis están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Que idiomas e niveis impártense desde el Centro Asociado UNED na Coruña?

  • Inglés. Niveis: A1, A2, B1 e B2
  • Alemán. Niveis A1 e A2

Quen poderá matricularse no CUID?

  • Poderán matricularse no CUID os españois e estranxeiros que teñan cumpridos os 18 anos ou que os cumpran antes do día 31 de agosto de 2015.
  • Non se require titulación académica ningunha.
  • Os estudantes poderán matricularse no curso que consideren oportuno, procurando que se axuste o máis posible aos seus coñecementos reais do idioma.
  • Para establecer o nivel deben realizar unha proba de autocorrección que encontrarán na páxina do CUID e que os situará no nivel máis acorde cos seus coñecementos.
  • Aqueles estudantes que así o desexen poderán volver matricularse en cursos que xa aprobasen con anterioridade co obxecto de actualizar os seus coñecementos.
  • Os cursos comezan en novembro e finalizan en maio.
  • As avaliacións teñen lugar en dúas convocatorias por ano, unha ordinaria -maio e xuño- e outra extraordinaria -setembro-, e constan de dúas probas, unha escrita e outra oral.

Como se pode estudar?

  • Modalidade semipresencial. Acceso a titorías no Centro Asociado.
  • Modalidade virtual ou non presencial. Non hai acceso a titorías no Centro Asociado.

Como se formaliza matrícula?

  • Por internet.

Ata cando está aberto o prazo de matrícula?

  • Ata o 11 de novembro de 2014.

Coñece o CUID aquí.

Máis información do CUID aquí.

Accede á información que che ofrece a web do Centro Asociado aquí.

Máis información nas secretarías do Centro Asociado: info@a-coruna.uned.es, info@ferrol.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es