Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED asina un convenio coa Fiscalía

27 de octubre de 2014

Alumnos do Centro Asociado, poderán optar a realizar prácticas académicas unha vez asignado un fiscal-titor.

Hai uns días o Reitor da UNED, Alejandro Tiana e o fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres Dulce, asinaron, nas instalacións da Fiscalía, un convenio marco de cooperación e colaboración de prácticas académicas.

Alumnos matriculados no Centro Asociado coruñés en ensinanzas oficiais de Grao -ou os seus equivalentes de plans de estudo anteriores- e en programas de Máster Universitario relacionados coa práctica xurídica, poderán beneficiarse desta iniciativa.

O obxecto do texto rubricado é que o alumno poida facer prácticas cun fiscal-titor asignado pola Fiscalía, neste caso, da Coruña, que será a encargada de asignar un fiscal-titor aos estudantes que cumpran os requisitos establecidos pola Universidade. Esta asignación farase a través deste Centro Asociado -no caso dos estudantes de Grao ou antigas Licenciaturas- ou a través da Comisión de Coordinación do Título de Máster no caso deste tipo de formación.

Finalizadas as prácticas, o fiscal-titor emitirá un informe sobre estas co fin de que se incorpore ao proceso de avaliación.

Máis información: info@a-coruna.uned.es, ferrol@a-coruna.uned.es.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es