Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Banco de alimentos Rías Altas, aterra na UNED A Coruña para unha nova campaña de colaboración

28 de octubre de 2014

Durante o mes de novembro o Centro Asociado inicia unha campaña de colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña.

A campaña consta de dúas accións.

En primeiro lugar unha charla informativa de carácter gratuíto que se celebrará o luns 3 de novembro de 20:00 a 21:00 horas, na Aula 23A do Centro. Correrá A Cargo de Carlos Martul Álvarez, responsable de difusión de Universidades do Banco de Alimentos Rías Altas. Abordará as seguintes cuestións:

  • Que son os bancos de alimentos?
  • Que é o Banco de Alimentos Rías Altas?
  • Como funcionan?
  • Cal é o seu labor?
  • Quen é os seus beneficiarios?
  • Como reparten a axuda social recibida?
  • Como se financian?
  • O papel fundamental do voluntariado na supervivencia da entidade.

O obxectivo principal é dar a coñecer á sociedade o labor desempeñado polos Bancos de Alimentos, en concreto a actividade desenvolvida polo Banco de Alimentos Rías Altas na provincia.

Máis información da charla na páxina web.

En segundo lugar a campaña desenvolve unha recollida de alimentos en beneficio dos máis desfavorecidos. Será do 3 ao 17 de novembro e estará situada na cafetaría do edificio na planta baixa.

Aquelas persoas que o desexen poden colaborar achegando os seguintes alimentos non perecedoiros:

  • Leite
  • Galletas
  • Cacao
  • Café
  • Azucre
  • Sal
  • Aceite
  • Legumes
  • Calquera tipo de conserva en lata

Un Banco de Alimentos é unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida de forma oficial que desenvolve as súas actividades grazas ao traballo desinteresado de moitos voluntarios. O obxecto da súa constitución é conseguir alimentos a través de fondos de axuda europeos, operacións de quilo, excedentes de fabricación, fallos de empaquetado durante o proceso, etc... Alimentos en perfecto estado e condicións de consumo, co propósito final de distribuílo de forma gratuíta ás entidades benéficas.

O Banco de Alimentos Rías Altas ten dúas sedes de repartición na provincia: Coruña capital e Santiago de Compostela.

razas ao traballo de numerosos voluntarios que colaboran activamente e ás achegas de colaboradores, exerce un labor tan necesario como xeneroso. É principalmente nestes tempos de crise, cando a participación de todos é capital para axudar ás ao redor de 30.000 persoas -segundo os datos da F.A.O.- que atravesan unha situación de dificultade na provincia.

Accede á web do Banco de Alimentos Rías Altas.

Máis información: info@a-coruna.uned.es, ferrol@a-coruna.uned.es.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es