Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Formación Permamente. Dámosche 10 razóns para matricularte

29 de octubre de 2014

Prazo extraordinario de matrícula ata o 18 de decembro de 2014.

10 razóns para realizar un curso do Programa de Formación Permanente

1. Axuda a mellorar e actualizar coñecementos a nivel profesional.

2. No plano persoal, é un estímulo para a mellora de aptitudes e capacidades.

3. É un título propio, asinado polo Reitor co aval da maior Universidade Pública.

4. Acredita a especialidade cursada e o nivel adquirido.

5. Flexible. O sistema de avaliación na UNED consiste na realización de traballos e probas a distancia.

6. Moitos dos títulos non esixen titulación específica de acceso.

7. A UNED dispón dunha oferta amplísima, adaptada ás esixencias e demandas actuais.

8. Son cursos que te poñen en contacto cun tema ou especialidade de forma inmediata e accesible.

9. Poden abrirche unha porta cara a un espazo de coñecemento novo.

10. Melloran e completan o teu currículo.

Que é un curso de Formación Permanente?

A Formación Permanente nas Universidades é un proceso educativo continuado que pode definirse como toda actividade de aprendizaxe ao longo da vida co obxectivo de mellorar e actualizar os coñecementos, as aptitudes e capacidades dunha persoa. Estes cursos conforman a oferta de títulos propios da UNED. Os créditos ECTS dalgúns destes cursos poden ser recoñecidos ata nun 15% polos estudos oficiais da Universidade. Están divididos nestas tres liñas:

Programa de Postgrao

O Programa de Posgrao está dirixido a persoas que xa posúan un título universitario e que desexen actualizar os seus coñecementos, ou lograr unha especialización nalgunha área. Pódense obter as seguintes acreditacións:

Diploma de Experto Universitario

Diploma de Especialización

Título de Máster

Certificado de Formación do Profesorado

Programa de Desenvolvemento

O Programa de Desenvolvemento Profesional e Persoal dispón de dous niveis de certificación para os que non é necesario dispoñer de título universitario específico previo. Pódense obter as seguintes acreditacións:

Certificado de Ensino Aberto

Diploma de Experto Profesional

Profesional Programa de Estrutura Modular

Son aqueles cursos que están organizados en diferentes módulos, de forma que varios destes conforman un itinerario que permite obter cada unha das seguintes titulacións:

Experto Profesional

Diploma de Experto Universitario

Diploma de Especialización

Título de Máster

Máis información dos Programas de Formación Permanente aquí.

Buscador de cursos aquí.

Máis información no Centro Asociado: info@a-coruna.uned.es, ferrol@a-coruna.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es