Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado coruñés, consolídase como referente en formación sobre Mediación

5 de noviembre de 2014

Ao redor de 300 matriculados nas cinco edicións impartidas.

O total de alumnos que asistiron ás distintas actividades formativas sobre Mediación foron 284. Deles os 203 fixérono de forma presencial e 81 por streaming.

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e experta mediadora, é a responsable de impartir esta docencia dende as súas distintas formulacións: iniciación, teoría, práctica, ámbitos de aplicación ou unha perspectiva máis avanzada.

O próximo venres, 7 de novembro, e ao longo de catro sesións desenvolvidas nas instalacións da sede da Coruña, abordarase de novo o proceso de Mediación, nesta ocasión dirixida ao conflito con menores e programada no ámbito educativo; acollemento, adopción, protección, comunitario, penal ou educativo.

O sentido de oportunidade desta actividade, reflíctese na recente aprobación do texto do proxecto en Galicia, dun Decreto en torno a esta problemática. No texto formúlanse as normas de convivencia de cada centro, establecendo os dereitos e deberes do alumnado e as correccións correspondentes, así como un procedemento de conciliación coa figura do mediador e a creación dun Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma.

Curso: "Mediación con Menores e Mediación no ámbito educativo".

Datas de celebración: novembro de 2014.

Imparte: Rosa Sánchez González Dans. Avogada e Máster en Mediación.

Lugar de celebración: salón de actos, sede UNED A Coruña.

Horario: de 16:00 a 21:00 horas.

Total horas lectivas: 25

Modalidade: presencial.

Concesión de créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Toda a información do curso aquí.

Máis información: info@a-coruna.uned.es, ferrol@a-coruna.uned.es

En relación a esta temática, recentemente, dende a UNED en Madrid creouse un Centro de Mediación. Este Centro nace con vocación de achegar vías alternativas á resolución de conflitos, -non relativos á xurisdición laboral- entre os membros da comunidade universitaria. Convocan ás partes implicadas, escóitanas e tratan de que cheguen a un acordo proposto por eles, aínda que tamén se realiza un exercicio de orientación se non encontran unha solución apropiada.

O responsable desta nova Unidade é o propio director de Inspección desta Universidade, Jorge Montes Salguero, acompañado polo subdirector e sete vogais; catro deles membros do Persoal Docente e Investigador (PDI) e os tres restantes do Persoal de Administración e Servizos (PAS), aos cales se lles está a proporcionar formación específica en Mediación.

"Ata o 99% dos casos resolvéronse favorablemente, -en palabras de Montes durante a presentación oficial do Servizo- e ás veces mesmo só cunha chamada. De momento, só se están a atender casos relacionados co PDI e co PAS, pero a partir do próximo curso farase extensible tamén ao colectivo de estudantes".

Simultáneamente a estes servizos, a catedrática de Dereito Eclesiástico e experta no tema, Esther Souto, co abrigo do vicerrectorado de Investigación, desenvolverá un proxecto de investigación interdisciplinar que aglutinará as áreas de Socioloxía, Psicoloxía, Antropoloxía, etc. e no que se pretende contar coa colaboración tanto de profesores como Persoal de Administración e Servizos ou calquera membro da comunidade universitaria que queira sumar os seus coñecementos en Mediación. De toda esta achega xeraranse estudos, publicacións, etc.

Vídeo de presentación do Centro de Mediación UNED.

Imaxe: Rosa Sánchez González-Dans. Acceder á entrevista realizada en xaneiro de 2014

p1010560web
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es