Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de acollida curso 2014/2015

5 de diciembre de 2014

465 matriculados en todas as actividades.

O Plan de Acollida programado para este curso 2014/2015, finalizará en breve coa última das actividades aínda activas; Matemáticas para todos.

Este plan está formado por accións formativas e informativas, dirixidas aos novos alumnos co obxectivo principal de facilitarlle o proceso de transición, integración ou continuación á vida universitaria. Para que dende o primeiro día de clase, poidan optimizar todos os recursos que están ao seu alcance.

Este curso académico o resultado da análise deste programa, é o seguinte:

  • Xornadas de Benvida: 69 matrículas
  • Xornadas de Apoio Tecnolóxico: 108 matrículas
  • Xornadas de Apoio ao Estudante, (Delegación de Alumnos): 32 matrículas
  • Xornadas Conoce a túa Facultade: 102 matrículas
  • Xornadas Conoce a túa Biblioteca: 37 matríuculas
  • Xornadas Saídas Profesionais: 8 matrículas
  • Curso de Matemáticas para todos: 11 matrículas
  • Cursos 0 de Introdución á Estatística: 27 matrículas
  • Cursos de Técnicas de Estudo: 71 matrículas

Un total de 465 matriculados, participaron nestas xornadas e sesións. Delas, 29 fixérono dende a Aula de Ferrol para as formacións de Técnicas de Estudo e Apoio Tecnolóxico. 12 persoas matriculadas, tiveron a oportunidade de seguir unha das sesións; Coñeces a Facultade de Económicas, en formato online, o resto de matriculados fixérono de forma presencial. Por último, o 78 por cento do número total de matriculados, tiveron acceso a actividades gratuítas.

Como reforzo a este abano de sesións formativas, dende o Campus Noroeste realizouse a IV Xornada de Plan de Apoio Tecnometodológico. Actividade que contou coa participación de Ana Mónica Novo García, secretaria xeral do Centro Asociado e coordinadora académica, María Díaz de Robles, responsable do SAEE e coordinandora de Extensión Universitaria e Óscar Cabeza Gras, profesor titor do Centro e coordinador Tecnológico.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es