Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

III Edición do Premio Pop Rock UNED

27 de octubre de 2014

Prazo ata o 15 de decembro de 2014.

Quen se pode presentar?

  • Grupos ou solistas sen contrato discográfico con multinacional. Se tes algunha canción editada, que sexa auto-producida ou cunha compañía independente.
  • Cun repertorio disposto para ser interpretado en directo e en formato acústico, non inferior aos 30 minutos.

Cal é a contía dos premios?

  • Premio Pop Rock da UNED, categoría "UNED", dotado con 700,00 €.
  • Premio Pop Rock da UNED, categoría "amigos da UNED", dotado con 700,00 €.
  • Premio especial á creatividade e á orixinalidade, dotado con 100 €.

Cal é o prazo para presentar a túa candidatura?

  • Dende a publicación das Bases ata o 15 de decembro de 2014.

Como te podes inscribir?

  • Na páxina web de Actividades Culturais.
  • Na dirección de correo premiopoprock@adm.uned.es. Deberás achegar un tema en formato MP3, cun máximo de 12 megas de tamaño. O arquivo de audio deberá conter o título da canción e deberá coincidir co do formulario.

Consulta todas as bases da convocatoria aquí.

Máis información: premiopoprock@adm.uned.es ou no teléfono 91 398 94 20. De 9.00 a 14.00 horas, luns a venres.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es