Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Prepara os teus exames

9 de enero de 2015

Mellora a comprensión lectora.

A lectura supón a práctica máis importante para o estudo. É un proceso no cal se distinguen os seguintes momentos:

  • Recoñecer palabras
  • Entender ideas
  • Contrastar o pensamento do autor co propio (lectura crítica)
  • Avaliar o lido (lectura crítica)

A lectura crítica implica establecer unha relación do coñecido (coñecementos previos) coa nova información que se nos expón. Le un texto, saca as túas conclusións e contrástaas co que pensas. Fundamental a súa boa xestión durante os estudos universitarios.

Aspectos fundamentais relacionados coa lectura:

1.- A comprensión lectora

Un método clásico para axudarnos a lograr unha mellor comprensión lectora é o SQ3R (en inglés: Survey, Question, Read, Repite, Review):

  • Examinar (Survey): lograr unha visión xeral do conxunto. O exame debe ser rápido, sen deternos en detalles, buscando ideas xerais.
  • Preguntar (Question): saber que é o que se espera do texto. As preguntas favorecen a aprendizaxe; converten o que lemos en algo cun significado especial para nós.
  • Ler (Read): de forma activa, facilitando deste xeito tanto a comprensión do tema coma o recordo. Fixarse nos termos importantes, novos, no subliñado, etc. É necesario ler todo: texto, citas, recadros, gráficos, ilustracións, etc.
  • Repetir (Repite): un 50% da lectura esquécese nada máis concluíla. Repetir coas propias palabras o material lido axuda á retención.
  • Repasar (Review): hai que comprobar que se entendeu e asimilou todo o material que interesa. É necesario reler e aproveitar as notas, esquemas ou resumos, que se teñan.

2.- A velocidade lectora

A velocidade lectora variará dependendo da dificultade do texto. o realmente importante é ter logrado a comprensión do texto malia a dificultade que entrañan o vocabulario e a estrutura gramatical.

Métodos:

a) Obxectivo: reducir as fixacións. Chegados xa a un nivel, a lectura realízase a través de fixacións, que veñen a ser os movementos dos ollos mentres lemos. Ao ler efectuamos unha serie de saltos sobre as liñas de textos. En cada salto abranguemos un número de palabras ou mesmo unha frase enteira se é breve. Para evitar un número excesivo de fixacións algúns destes consellos poden resultar de utilidade:

. Procurar concentrarse nunha única liña cada vez; podemos servirnos dunha postal que vaia tapando gradualmente todas as liñas que van por debaixo do texto que estamos a ler. O obxectivo é tratar de evitar interferencias con outras liñas posteriores.

. Forzar a vista coa intención de captar unha amplitude maior de palabras.

. Fixar a primeira e última palabra de cada frase.

. Evitar regresións, é dicir, a volta a outras liñas previas.

b) Outros métodos:

. Evitar mover os labios e outros órganos vocais (ler tan á présa que estes movementos sexan imposibles).

. Practicar a lectura polo menos 15 ou 20 minutos diarios durante tres ou catro semanas.

Procuraremos:

  • Comezar por artigos curtos de doada comprensión.
  • Facer unha gráfica de rapidez lectora cada día e comparar os resultados que se van obtendo.
  • Na medida do posible, procura ver películas subtituladas. A rapidez con que pasan os subtítulos irate obrigando a ler cun determinado ritmo que, polo xeral, equivale a un nivel de velocidade aceptable.

Máis información aquí.

Fonte: Araceli Sebastián. Belén Besteiros. Mari Fé Sánchez García. TÉCNICAS DE ESTUDO (COIE UNED).

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 9:30hs el 8 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es