Exames de reserva. Cando e como debes solicitalos.
14 de enero de 2015
Convocatoria xaneiro/ febreiro, para alumnos de Acceso e Máster.

Que son os exames de reserva?
A reserva é a posiblidad de realizar un exame, fóra do día e hora fixado para esa ou esas materias no calendario oficial de exames, cando concorran cincunstancias concretas ou extraordinarias, unha vez solicitado ao presidente do Tribunal de Probas Presenciais, a través do Centro Asociado, e admitido a súa realización por este.
Onde se regulan?
- Nos artigos 50 e seguintes do Reglemento de Probas Presenciais da UNED.
Como se desenvolven?
- Nos exames de reserva a entrada é única: ás 09:00 horas pola mañá (na que se realizan os exames de reserva das materias examinadas nos tres primeiros días do período de exames) e ás 16:00 horas pola tarde (sesión na que se realizan os exames de reserva das materias examinadas nos restantes días).
- Entréganseche, nesa única entrada, todos os exames de reserva solicitados que correspondan a esa sesión.
- En cada unha destas sesións, dispoñerás dun tempo máximo de catro horas e só poderás realizar un máximo de tres exames.
- No caso de presentarte a un ou dous exames, o tempo máximo axustarase ao establecido en cada un deles.
Quen pode solicitar reserva?
- Poderás concorrer aos exames de reserva se che coinciden dous ou máis materias na mesma sesión, é dicir, o mesmo día e á mesma hora.
- Por causas extraordinarias, como motivos laborais, que deberás xustificar ante o presidente do Tribunal de Probas Presenciais e este terá que conceder ou denegar.
Cando se debe solicitar a reserva?
- Con anterioridade á data prevista para as probas de reserva.
- No Centro Asociado.
- Coa solicitude e o xustificante correspondente para que o fagan chegar ao Presidente do Tribunal dende o Centro Asociado.
Concesión da reserva
- O Tribunal constitúese ao comezo da semana de exames correspondente.
- O presidente valorará a solicitude e concederaa ou denegará.
- Se se che concede, cando acudas á sesión de reserva, acompaña unha copia da petición e do xustificante.
Modelo de solicitude de reserva
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Google+
Youtube