Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Novo prazo de matrícula 2º cuadrimestre

13 de febrero de 2015

Consulta en que casos podes ampliar a túa matrícula.

Cal é o novo prazo de matrícula?

  • Do luns 16 de febreiro de 2015 ao venres 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

Para que estudos?

  • Para materias do segundo cuadrimestre dos estudos de Grado, tanto se estás xa matriculado este curso coma se queres matricularte agora como alumno novo.
  • Para un número moi limitado de Másteres Oficiales que verás na páxina de matrícula por internet, no recadro de matrícula.
  • No caso das titulacións en extinción, Licenciaturas, Diplomaturas e Enxeñarías, a matrícula de ampliación só estará dispoñible se es un alumno matriculado este año. Debes poñerte en contacto co teu Negociado de Atención ao Estudante da túa carreira.

Que materias podes elixir?

  • Só para materias do segundo cuadrimestre.

  • Non está activo para materias anuais, nin materias con prácticas, nin Traballos Fin de Grao.

E o custo?

  • Os prezos vixentes publicados polo Ministerio de Educación na Orde Ministerial de Prezos Públicos para a UNED.
  • Se xa aboaches as taxas de secretaría ou o seguro escolar se te matriculaches en setembro, non terás que volver aboalas.
  • Non poderás optar a Bolsa para estas materias.
  • En canto ao resto de posibles gratuidades e reducións de matrícula aplícanse as mesmas que para o período normal de matrícula de setembro (minusvalidez, familia numerosa, etc.)

Forma de Pagamento?

  • Poderás pagar utilizando o mesmo mecanismo que na matrícula ordinaria de setembro: con carta de pagamento imprimida en xanela do Banco, domiciliando o pagamento ou pagando con tarxeta na aplicación de matrícula.
  • O pagamento será único, non podendo fraccionarse.

Podes modificar a túa matrícula xa tramitada en setembro?

  • Non, o prazo para modificar a matrícula realizada en setembro-outubro xa finalizou a primeiros de novembro, xa está totalmente pechado e non se poden realizar modificacións sobre iso.
  • Este novo prazo é só de ampliación de materias do segundo cuadrimestre ou de matrícula de alumnos novos que só poderán coller materias do segundo cuadrimestre.

Ata cando podo modificar a matrícula que tramitas agora en febreiro-marzo?

  • Durante todo o prazo de matrícula, do 16 de febreiro ao 27 de marzo, a través da mesma aplicación de matrícula.

Máis información aquí.

AVISO: Esta información é a que dende sede UNED en Madrid, se enviou a todos os alumnos e publicou na páxina web UNED www.uned.es o 12 de febreiro de 2015, polo tanto, vixente a esta data. Recomendamos consultar a web da UNED para ver as posibles modificacións ou ampliacións de contido en torno a esta segunda convocatoria de matrícula.

Síguenos en Facebook.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es