Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Servizo de Secretaría

8 de abril de 2015

Resolve todas as túas dúbidas académicas.

Que funcións ten o Servizo de Secretaría?

  • De información académica, atención ao estudante e ao público en xeral.
  • Resolverán as túas dúbidas sobre:
    • Todos os estudos que imparte o Centro Asociado: ensinanzas reguladas e non reguladas
    • Trámites académicos
    • Prazos
    • Admisión
    • Matrícula
    • Solicitude de bolsas
    • Validacións
    • Prácticas de laboratorio
    • Titorías
    • Exames
    • Actividades culturais: cursos, conferencias, seminarios, xornadas ou congresos
    • Carné universitario
    • Informarante e facilitarán modelos de instancias.
  • Facilitaranche certificados de matrícula.
  • Obtención de modelos de impresos para peticións que deban cursarse ás diversas Facultades ou Servizos centrais da sede central da UNED. Neste caso, debe terse en conta que tanto no curso de Acceso, os Plans Antigos e nos Graos, é o propio alumno quen debe xerar, a través do Campus, na Secretaría Virtual, algúns modelos de solicitude, entre eles as certificaciónes académicas.
  • Poderás tramitar compulsas. Compulsaranse unicamente os documentos requiridos para a matrícula, os necesarios para trámites da UNED e os expedidos por esta Universidade ou por outras, sempre que deban producir efectos dentro do ámbito da UNED. Para a realización de compulsas é imprescindible a presentación do documento orixinal e fotocopia.

Que modelos de solicitude podes obter dende a Secretaría?

Onde podes encontrar a túa Secretaría?

Sede A Coruña.

  • Na primeira planta do Centro Asociado, Pepín Rivero, 3, 15011
  • Teléfono: 981 14 50 51
  • Fax: 981 14 59 60
  • Correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • Horario:
    • Período lectivo
      • Tardes: luns a venres, de 16:00 a 19:00 horas
      • Mañás: luns a venres, de 09:00 a 13:00 horas
    • Período non lectivo: luns a venres, de 09:00 a 13:30 horas
Aula de Ferrol

  • Situada na planta baixa do edificio, c/ María, 52-54,15402
  • Teléfono: 981 36 40 26
  • Fax: 981 36 49 88
  • Correo electrónico: info@ferrol.uned.es
  • Horario:
    • Período lectivo: luns a venres, de 16:00 a 20:30 horas
    • Período non lectivo: luns a venres, de 09:00 a 13:00 horas

Más información aquí.

------------------------~()~-----------------------

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es