Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"O poder non cambia ás persoas, só revela os que verdadeiramente son"

13 de abril de 2015

Zeza Bucci expón parte da súa obra nas instalacións do Centro Asociado.

María José Bucci Castaldi, Zeza Bucci, expón algunhas das súas obras no vestíbulo do edificio da UNED da Coruña. Baixo o lema "Pola paz" e co título "o poder non cambia ás persoas, só revela os que verdadeiramente son", recóllense unha serie de cadros nunha exposición activa ata o 4 de maio. Poderás admirar o talento desta artista autodidacta que utiliza como ferramenta básica para a creación das súas pezas, os coñecidos bolígrafos "Bic".

Bucci imparte talleres sociais utilizando a Arte como ferramenta de comunicación e integración. Traballa con colectivos en risco de exclusión social e en situación de exclusión severa (menores, inmigrantes, reclusos, sen fogar, etc.). Organiza talleres e cursos de manualidades, reciclaxe de materiais de uso diario, debuxo e cómics, caricaturas, restauración, ou talleres "Sociarte"; traballo de habilidades sociais a través da Arte e manexo de condutas violentas.

"Cando traballo seguindo ao corazón, case todo me sae ben, cando traballo atendendo á cabeza, non me sae practicamente nada. Nas miñas composicións xiro o que observo e como me sinto con iso, é unha forma de trasmitir a realidade social que vexo". Así se define Bucci cando fala do proceso creativo na execución da súa obra.

Exposicións realizadas

Ano 2014

  • 2014, Feira de Arte Carrousell. Museo de Louvre. París, Francia.
  • 2014, Art Collection Singapur.
  • 2014, Feira Internacional de Irán. Teheran, Irán
  • 2014, Mención de Obra. XV Certame de Pintura. Uned-Plasencia. España.

Ano 2013

  • 2013, Mostra Colectiva "Feira de Arte Galega" Hotel Hesperia. A Coruña, Galicia.
  • 2013, Mostra individual "2º Pel". Bar Cultural "De Fábula". Arteixo, Galicia.

Ano 2012

  • 2012, Mostra Colectiva Concurso de Pintura Belo Piñeiro. Piñeiro Pose. Casa de Cultura. Concello de Mugardos. Galicia.
  • 2012, Peche Exposición Individual Itinerante. Centros Cívicos Municipais. A Coruña, Galicia.

Anteriormente

  • 2011, Exposición Individual "Honrar a vida". Casa Museo Casares Quiroga. A Coruña.
  • 2010, Mostra Colectiva Premios Pentafinium 2010. Teatro Principal. Burgos.
  • 1992, Mostra Colectiva Premios de Cooperación. Banco Carlos Pellegrini. Arxentina.

Premios recibidos

  • Mención Especial- XV Certame de Pintura. Uned. Plasencia. Extremadura. España, ano 2014.
  • Mención de obra. XII Concurso de Pintura Belo Piñeiro. Piñeiro Pose, Concello de Mugardos. Galicia. España, ano 2012.
  • 2º Premio Internacional de pintura. Pentafinium 2010, Camiño de Santiago. Burgos. Castela e León. España, ano 2010.
  • 1º Mención de pintura (a nivel nacional). Concurso Bolígrafos BIC. Arxentina, ano 1994.
  • 1º Mención xuvenil de pintura (a nivel nacional). Cooperativismo, Banco Pellegrini. Arxentina, ano 1992.

Sobre a autora

Datos da exposición

  • Título: "O Poder non cambia ás persoas, só revela os que verdadeiramente son"
  • Lugar: Centro Asociado UNED A Coruña, c/ Pepín Rivero, n.º 3, A Coruña.
  • Activa: do 13 de abril ao 4 de maio de 2015.
  • Cartel e folleto da exposición.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

image224933image4image3image15image122image33image36image42image1
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es