Idiomas CUID - Proba Libre
30 de abril de 2015
Prazo do 1 ao 30 de maio.

Que é a Proba Libre de Acceso para Idiomas no CUID?
- É un exame de nivel que serve para acreditar as competencias lingüísticas en idiomas segundo as directrices do MCER.
De que idiomas podes facer a proba libre?
Que certificado obtés se a superas?
- Os certificados contan co selo de calidade CertACLES, recoñecido por CercleS (Confederación Europea de Centros de Linguas no Ensino Superior) e avalado pola CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas).
- Todas as titulacións da UNED que requiran certificación de idiomas tamén recoñecen os certificados do CUID obtidos na proba libre.
- AVISO: os estudantes do Máster de Profesorado non necesitan presentar ningún xustificante de ter superado a proba, a Secretaria do Máster ten a información no momento no que as cualificacións están na aplicación informática.
Como se desenvolve?
Consta de dúas partes, unha oral e outra escrita.
- Modelos da proba escrita:
Proba Oral
- O exame oral desenvolverase a través de aplicación informática L-Oral.
- Durante o proba, avaliarase a comprensión auditiva e expresión oral.
- Anularase o exame de calquera persoa que lea algo que escribiu en lugar de falar directamente na proba oral.
- AVISO: durante os primeiros cinco segundos, deben mostrar á cámara o seu documento de identidade (anverso con fotografía e reverso).
Que se esixe para superala?
- Para obter a acreditación é necesario superar as dúas partes: escrita e oral.
Cando podes matricularte?
- Do 1 ao 30 de maio de 2015.
Canto costa a matricula?
- Matrícula xeral: 100 €.
- Matrícula reducida: 75 €. Colectivos con redución de matrícula:
- Alumnos da UNED en ensinanzas oficiais ou non oficiais.
- Membros do PDI, FPI ou PAS da UNED.
- Profesor titor ou PAS dalgún centro asociado ou centro de apoio da UNED.
- Estar incluído nalgún convenio co CUID
Como se formaliza a matrícula?
- Acceder ao portal da UNED.
- Acceso ao CAMPUS.
- Unha vez autenticado, selecciona estudos > admisión e matrícula > acceso a matrícula > matrícula libre de idiomas.
- Imprime a documentación de matrícula.
- Realiza o ingreso en calquera oficina do Banco de Santander.
- Envía por correo postal (ou por valixa bancaria) unha fotografía de carné e o "Exemplar para o CUID" selado polo banco á seguinte dirección: Secretaría do CUID (UNED). Aptdo. correos 50487. 28080 Madrid.
Cando podes realizala?
A parte escrita:
Realizarase o día 6 de xuño.
- Ás 12.00 horas nos centros asociados da península.
- Ás 11.00 no de Tenerife.
A parte oral realizarase do 12 de maio ao 13 de xuño.
- Alumnos cuxo primeiro apelido comeza polas letras A a M: antes do 26 de maio.
- Alumnos cuxo primeiro apelido comeza polas letras N a Z: antes do 2 de xuño.
- Resérvanse os días do 3 ao 13 de xuño para incidencias, incluídas as matrículas tardías.
Onde podes realizala?
- A Coruña: R/ Pepín Rivero, 3 -15011 A Coruña
- Albacete: Travesía da Igualdade, 1 -02006 Albacete
- Barcelona: Avda. Río de Janeiro, 56-58 -08016 Barcelona
- Barbastro: R/ Argensola, 55 e 60 -22330 Barbastro (Huesca)
- Madrid
- Málaga: R/ Sherlok Holmes, 4 -29006 Málaga
- Pontevedra: R/ Portugal, 1 (Urb. Monteporreiro) -36004 Pontevedra
- Sevilla: Avda. San Juan de la Cruz, 40 (Zona de Amate) -41006 Sevilla
- Tenerife: R/ San Agustín, 30- La Laguna (Tenerife)
- Valencia: R/ Casa da Misericordia, 34 -46014 Valencia
- Vitoria: R/ Pedro de Asúa, 2 -01008 Vitoria- Gasteiz
AVISO: Consultar durante o prazo de matrícula os lugares de exame, iranse actualizando durante este tempo.
Máis información CUID.
Máis información Centro Asociado:
- Secretaría A Coruña: 981 14 50 51, info@a-coruna.uned.es.
- Secretaría Aula Ferrol: 981 36 40 26, info@ferrol.uned.es
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en Facebook.