Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Másteres Oficiais

18 de mayo de 2015

Prazo de admisión alumnos novos ata o 20 de xuño.

Cal é a oferta de Másteres?

  • Listado de Másteres para o curso 2015/2016 aquí.

ALUMNOS NOVOS

Cal é o prazo de admisión?

  • Do 18 de maio ao 20 de xuño de 2015.*

Nota: Naqueles Másteres que non se tivesen completado as prazas ofertadas, poderase habilitar un prazo extraordinario de admisión do 1 ao 8 de setembro de 2015.

Como podes tramitala?

  • Exclusivamente a través de internet.

Cales son as condicións de admisión?

  • Enviar a documentación dentro dos 5 días naturais (como máximo) dede a formalización da preinscrición:
    • Titulados españois ver aquí.
    • Titulados estranxeiros ver aquí.

Que prazo tes para matricularte?

  • Do 1 de xullo ao 15 de outubro de 2015 *.

Nota: Do 1 ao 15 de agosto, ambos os dous inclusive, suspéndese toda actividade por cesamento vacacional.

ALUMNOS QUE XA ESTIVESEN MATRICULADOS CON ANTERIORIDADE

Cal é o prazo de admisión?

  • Do 28 de setembro ao 2 de outubro de 2015.

Como podes tramitala?

  • Exclusivamente a través de internet.

Que prazo tes para matricularte?

  • Do 6 ao 15 de outubro de 2015.

Máis información:

  • Secretaría A Coruña: 981 14 50 51, info@a-coruna.uned.es.
  • Secretaría Aula Ferrol: 981 36 40 26, info@ferrol.uned.es

Dámosche 10 razóns para matricularte nun Máster:

1. O seu obxectivo é a especialización académica ou profesional ou ben a iniciación en actividade investigadora.

2. A especialización é a demanda máis habitual das empresas.

3. Diferénciate do resto de candidatos fronte a un posto de traballo.

4. Define a túa marca persoal, axuda a encontrar o teu posicionamento profesional.

5. É a vía ordinaria actual de acceso ao Doutorado: directo á Tese Doutoral.

6. É un título oficial, válido en calquera país europeo.

7. Está adaptado aos requisitos da Unión Europea; suxeito a todos os exames de calidade.

8. Axuda a avanzar na túa profesión, se estás en activo.

9. Facilita reorientar o teu camiño profesional cara a outros horizontes.

10. Permite camiñar con máis seguridade no actual escenario laboral.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es