Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado renova a certificación de calidade do SGICG-CA

11 de mayo de 2015

Foi o primeiro Centro en obter este certificado.

Superado o procedemento de auditorías realizadas pola Comisión de Avaliación da "Cátedra de Calidade Cidade de Tudela", entidade acreditada pola ANECA, dende este órgano acórdase outorgar a renovación da Certificación do SGICG-CA ao Centro Asociado UNED A Coruña, no seu nivel de implantación.

Manter o compromiso de calidade baixo o abrigo desta certificación, supón mellorar e ampliar os procedementos e sistemas, así como os requisitos de estándar de calidade que dende o ano 2013, vén desenvolvendo o Centro Asociado.

Dende Tudela, centro emisor desta certificación, destacan distintos puntos fortes no exame realizado recentemente. En primeiro lugar a revisión de accións do Plan de Xestión antes de finalizar o ano académico, en xuño, en segundo lugar a política de transparencia na publicación deste Plan de Xestión no portal web, e en terceiro lugar a creación de grupos de mellora na xestión de persoal, vinculados ao plan de xestión, liderado e ao plan de mellora de persoal. Súmanse a estes puntos fortes distintas melloras voluntarias que poñen de manifesto a vontade e compromiso coa xestión e cultura de calidade.

Accede á noticia no portal web do Centro Asociado UNED de Tudela.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es