Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O PROXECTO UNED SÉNIOR A CORUÑA CRECE

29 de mayo de 2015

Esta mañá tivo lugar o encontro formal con motivo da recente firma do Convenio de colaboración entre este Centro Asociado, o Concello de Lousame e a Asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres.

Dende a creación da UNED Sénior A Coruña, en virtude dun Acordo asinado no ano 2008, foron numerosas as novas incorporacións e melloras que este proxecto experimentou. O seu crecemento en número de Institucións e Concellos colaboradores, propiciou unha mellora no servizo académico que este colectivo de alumnos recibe desta Universidade. Aulas, profesores, actividades, experiencias, recursos e ferramentas formativas adaptadas ás condicións dos estudantes, así como o acceso e participación na vida cultural académica, foron só algúns dos elementos clave que nutriron a experiencia universitaria dos nosos alumnos máis veteranos.

Na actualidade o ámbito de influencia do programa Sénior UNED-A Coruña comprende os concellos de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade e Rianxo.

Esta mañá tivo lugar o encontro formal con motivo da recente firma do Convenio de colaboración, o pasado 22 de maio, entre este Centro Asociado, o Concello de Lousame e a Asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres. O nutrido grupo de alumnos de todas estas localidades poderán a gozar dunha mellora nos servizos formativos.

Este encontro formal tivo lugar ás 13:00 horas, nas instalacións do Centro Asociado UNED A Coruña. Susana Blanco Miguélez, directora deste Centro Universitario, María Teresa Villaverde Pais, alcaldesa do Concello de Lousame e Carme Freire Couces, por parte da Asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres, foron as responsables de materializar este novo compromiso.

Extráense os acordos do Convenio:

"- Ofrecer unha modalidade de formación continua sobre todas as temáticas, intereses, necesidades e preocupacións dos maiores co fin de mellorar a súa calidade de vida, especialmente con aquelas relacionadas co desenvolvemento agrícola, gandeiro, forestal e rural; e co desenvolvemento local e rexional.

-Proporcionar coñecementos, aprendizaxe e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal por medio da aprendizaxe ao longo da vida.

- Favorecer a comunicación a través do fomento das relacións interpersoais e do encontro interxeracional co fin de posibilitar o enriquecemento persoal, a participación a cidadanía activa.

- Ofrecer aos maiores un espazo para intercambiar coñecementos e competencias co fin de compartilas, facilitando a transferencia de saberes e actitudes adquiridos a través da experiencia.

- Propiciar o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación co fin de abrir novos horizontes para a autorrealización.

- Promoverun mellor coñecemento das posibilidades sociais, culturais, económicas e educativas que brinda o contexto.

- Promover a dinamización do ámbito rural, propiciando o achegamento da educación universitaria a zonas onde a Universidade non ten habitualmente presenza".

Máis información:

firmadelconvenioseniormayo2015
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es