Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

1 de junio de 2015

José Antonio Ponte Far presenta o seu último libro.

Mañá venres, ás 19:30 horas, José Antonio ponte Far presentará o último dos seus libros "Os poemas que non podes deixar de coñecer. Da poesía castelá, galega e hispanoamericana". Será no salón de actos da UNED de Ferrol, na rúa María, 52-54.

Durante a presentación estará acompañado por Susana Blanco Miguélez, directora do Centro Asociado UNED A Coruña, que será a responsable de realizar a recensión introdutoria deste coñecido autor ferrolano, especialista da figura de Torrente Ballester e gran coñecedor da vida e cultura da súa cidade, Ferrol.

O acto estará aberto a todo o público interesado.

Máis información

  • Secretaría da Aula de Ferrol, teléfono 981 36 40 26.
  • Páxina web.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es