Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Dámosche 10 razóns para realizar un Curso de Verán

11 de junio de 2015

Cursos de Verán 2015

1.- Potencia o teu currículo

A realización dun curso de Verán no teu currículo é un activo que suma. Saír da rutina académica formal en tempada de vacacións para seguir formándote, tradúcese, en termos de recursos humanos, nun profesonial inquedo, proactivo e comprometido coa súa marca profesional.

2.- Activa a túa rede de contactos profesonales

Coñecerás persoas cos teus mesmos interes e inquietudes. Encontrarás persoas cun perfil profesional moi similar ao teu e será unha oportunidade perfecta para ampliar os teus contactos de empresa; facer networking.

3.- Forma lúdica de ampliar coñecementos

Os cursos son breves no tempo; de 3 a 5 días. Sen exames nin probas. Esta formulación permíteche adquirir conocimentos sen presión, de forma lúdica e polo simple pracer de aprender.

4.- Profesorado de calidade

O nivel moi alto e calidade do profesorado que imparte relatorios nos Cursos de Verán. Catedráticos, profesorado titular de Universidade, profesionais de recoñecido prestixio ou empresarios, poñen en valor o éxito destes Cursos verán tras verán.

5.- Permíteche o acceso a formación especializada

Os asistentes; cursillistas e relatores, adoitas ser habituais en cursos similares ao longo de todo o ano. É unha forma de crear foro dunha especialidade; coñecer e acceder a futuros proxectos formativos similiares.

6.- Coñecer lugares diferentes; turismo e gastronomía

O pracer de viaxar, descubrir e gozar de lugares distintos e novos; un plus á hora de elixir un Curso de Verán. Museos, turismo e degustacións gastronómicas, suman puntos na elección de destino.

7.- Concesión de créditos

Pola asistencia ao curso recibirás un certificado onde figuran os créditos de libre configuración. Estes créditos son convalidades, no tempo e forma que a Universidade indique.

8.- Permitirache romper coa rutina

É unha forma diferente de saír da rutina diaria e dar un respiro á túa axenda habitual.

9.- Se realizas o teu Curso de Verán na UNED A Coruña...

Este ano propoñémosche unha oferta inmellorable: temática actual, contidos de máximo interese, programas de calidade e relatores de primeira orde.

Terás a oportunidade de coñecer A Coruña: cidade que che acollerá cos brazos abertos. O seu ámbito, costumes, paisaxes, as súas rúas, a súa xente... cativarate. Turismo de Coruña aquí.

O Centro Asociado está moi preto dos areais, o que che permitirá combinar aprendizaxe e ocio de praia doadamente. Accede á web do Centro Asociado aquí.

Máis información dos nosos cursos no teléfono 981 14 50 51.

10.- Por último, UNED: garantía na calidade do ensino.

Cursos programados este ano:

"Emociones positivas"

"Los centros penitenciarios como espacios multiculturales"

"La regeneración de la democracia: debate y propuestas"

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

tipscursosverano20152134
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es