Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Reitor nomea a Germán Carro, novo director da UNED A Coruña

15 de junio de 2015

Asume a dirección dende o 15 de xuño.

O pasado 2 de xuño, ás 12:30 horas nas instalacións do Centro Asociado UNED A Coruña, tivo lugar en segunda convocatoria, a reunión extraordinaria de Xunta de Reitora de Padroado da UNED A Coruña, á que asistiron, en representación das súas correspondentes institucións, Tomás Fernández García, vicereitor de Centros Asociados da UNED, Xosé Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades na Xunta de Galicia e presidente do Padroado UNED A Coruña, Susana Blanco Miguélez, directora do Centro Universitario, Francisco Mourelo Barreiro e Antonio Cañás Varela, en representación do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña, respectivamente. Ana Mónica Novo García,secretaria do Centro Asociado, actuou como fedataria. Acompañáronlles como membros natos de Xunta Reitora, Eduardo García Lodeiro, representante de estudantes, Carlos Pateiro Rodríguez, representante dos profesores titores, José Manuel Dapena Varela, representante do persoal de administración e servizos.

Durante o transcurso da reunión, e segundo orde do día establecido previamente, acordouse designar en funcións, a Germán Carro Fernández por un período de dous anos, como novo director do Centro Asociado UNED A Coruña, en substitución de Susana Blanco Miguélez, que ocupou este cargo durante os últimos nove anos.

Posteriormente, o luns 15 de xuño, publicouse no BICI o nomeamento de Carro por parte do Reitor.

Germán Carro Fernández, é Doutor en Enxeñaría Industrial (UNED), Enxeñeiro Técnico en Informática (UNED) e Economista (UDC), a súa formación multidisciplinar conta con varios Másters de especialización e dende 1993 traballou no ámbito empresarial e industrial como asesor, consultor, CFO, e Project Manager en PEME de diversos sectores. Dende 2006 compatibilizou a súa actividade empresarial coa coordinación e participación en proxectos de investigación nacionais e internacionais relacionados coa enxeñaría, a robótica, a divulgación tecnolóxica e a educación. A súa relación coa UNED nace en 1998 e mantense ata a actualidade.

Durante o desenvolvemento da reunión, a directora saínte, Susana Blanco, agradeceu a todos os membros da Xunta Reitora, a confianza depositada na súa persoa para liderar este Centro Universitario durante estes nove anos, período que cualifica como tremendamente enriquecedor.

A UNED na Coruña presta servizos académicos dende o ano 1976. Neste curso académico están matriculados case 5.000 alumnos en ensinanzas reguladas, alumnos aos que se ofrece practicamente a totalidade de oferta académica oficial que ten a UNED. Segundo datos do pasado curso, e como complemento e formación transversal, aoredor de 2.100 alumnos recibiron formación vinculada á Extensión Universitaria.

Hai que resaltar que A Coruña,foi o primeiro Centro Asociado de toda a rede de Centros, acreditado coa certificación do SGICG-CA, outorgado pola “Cátedra de Calidad Ciudad deTudela”, entidade acreditada pola ANECA.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

juntarectorapatronatouned2junio2015juntarectorapatronatouned2junio20159990
Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es