Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Campaña "Cacharelas de San Xoan"

15 de junio de 2015

Anímaste?

Dende o Centro Asociado UNED A Coruña queremos contribuír á promoción e divulgación dunha celebración tan nosa como as "Cacharelas de San Xoan". Por isto, e co propósito de apoiar o propio acervo cultural, imos crear un álbum de imaxes relativas a esta festa. Anímaste?

Podes enviar a comunicacion@a-coruna.uned.es, fotografías relativas a esta ocasión.

  • Non importa que sexa antes, durante ou despois da celebración da noite de San Juan, á túa elección.
  • Máximo tres fotografías por persoa.
  • Se prefires enviar imaxes doutros anos, debes indicarnos o ano en que foi realizada.
  • Formato JPG ou PNG.
  • Nome que queres que acompañe a imaxe ou imaxes.
  • Non se publicarán imaxes ofensivas ou ferintes.
  • Co envío da imaxe, consentes ao Centro Asociado o dereito da súa publicación nas súas páxinas de Redes Sociais (neste caso sería unicamente a través de Facebook).

A partir do 24 de xuño, crearase un álbum con todas as fotografías, que se publicará na páxina de Facebook del Centro Asociado.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es