Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

22 de junio de 2015

Entrega de diplomas.

O pasado 19 de xuño a partir das 11:30 horas, tivo lugar no salón de actos do Centro Asociado UNED A Coruña, a entrega de diplomas aos alumnos máis veteranos matriculados neste centro universitario.

A "marea vermella" chegou con tempo abondo de ensaiar -aqueles que forman parte do coro e alumnos da materia de Música- e rematar de preparar as composicións musicais que interpretaron durante o transcurso do acto.

Á fronte desta celebración estaba o coordinador e alma máter do programa sénior, Luis A. Rodríguez Patiño, acompañado de Susana Blanco Miguélez, anterior directora do Centro, cargo que ostentou durante nove anos e ata hai uns días, e Ana Mónica Novo García, secretaria desta institución.

Alumnos de Guitiriz, Xermade, Aranga, Monfero e Paderne, quixeron render un homenaxe homenaxe con palabras de cariño e cheas de agradecemento a Susana Blanco Miguélez, polo seu apoio na posta en marcha do proxecto sénior no rural e a súa constante dedicación ao seu mantemento e mellora. Palabras que se encargou de pronunciar Mercedes Cachaza Platas, alumna da aula de Paderne e habitual cronista na bitácora deste nutrido grupo de alumnos: o Blog dos Sénior UNED A Coruña.

Pola súa banda, Blanco, con emoción, falou do especial que foi este proxecto no seu traballo e destacou a aposta que segue facendo o Centro Asociado da UNED da Coruña pola formación ao longo da vida, o que levou a converter aos cursos sénior nun piar importante e nun referente do rural.

Unha vez entregados os diplomas a todos os alumnos e ante a presenza dalgúns dos seus profesores e represententes dos Concellos colaboradores, o coro, composto por parte dos matriculados e dirixido polo profesor da materia de Música, interpretou varias pezas musicais.

Accede á galería de imaxes do evento.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

50web7web2web1web10web745511web8485
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es