Novidade curso 2015/2016
26 de junio de 2015
Dous novos Graos Combinados

Que son os Graos Combinados?
- Esta modalidade permite obter dúas titulacións de Grao distintas cursando unha completa e, como máximo, a metade dos créditos necesarios para a obtención da segunda.
Cando se poden cursar os Graos Combinados?
- Podes acceder en calquera momento.
- Os estudantes que xa estean matriculados nunha das dúas titulacións poderán acceder á segunda cunhas condicións vantaxosas no proceso de matriculación.
- Se es alumno novo, debes consultar as táboas de recoñecemento de créditos, o seu número pode variar en función do Grao de orixe que se realice.
Son os mesmo os Graos Combinados e os Graos Dobres?
- Os Graos Dobres proporcionan un só título mentres que, coa variante combinada, os estudantes obteñen dous títulos de Grado completamente independentes.
- As titulacións que integran os Graos Combinados pódense cursar por separado ou de forma simultánea.
Cales son os dous Graos Combinados novos para este curso?
- Grao Combinado en Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.
- Grao Combinado en Educación Social con Traballo Social.
Cantos Graos Combinados oferta a UNED para este curso 2015/2016?
- Economía e Administración e Dirección de Empresas (ADE)
- Turismo e Administración e Dirección de Empresas (ADE)
- Dereito e Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas
- Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
- Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría Mecánica
- Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
- Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
- Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
- Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais e Enxeñaría Mecánica
- Socioloxía e Ciencia Política e da Administración
- Educación Social e Traballo Social
Más información aquí.
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en Facebook.