Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Matrícula curso 2015/2016

29 de junio de 2015

Ampliado o prazo  de matrícula ata o 10 de novembro para Graos e Posgraos Oficiais.

Por que a UNED abre, por primeira vez o prazo de matrícula en verán?

  • É unha demanda recorrente dende fai varios cursos por parte do alumnado.
  • Facilítache a planificación.
  • Mellora a túa xestión dos estudos.
  • Podes organizar mellor as actividades do Plan de Acollida.

De que te podes matricular a partir do mes de xullo?

Cal é o prazo?

  • Ata o 25 de outubro de 2015. Ampliado o prazo  de matrícula ata o 10 de novembro para Graos e Posgraos Oficiais.

  • Por cesamento de actividade da Universidade, este prazo interrómpese e queda inactivo a primeira quincena de agosto.
  • Abrirase un segundo prazo de matrícula, do 1 de febreiro ao 7 de marzo de 2016.

Como podes aboar a matrícula?

  • Podes fraccionala en 4 prazos (ata este curso unicamente se podía fraccionar en 2).
  • Abonaríase o 40% no momento da matrícula e o 60% restante, a finais de outubro, novembro e decembro de 2015.

Como te podes matrícular?

  • Realízase exclusivamente por internet, dende a páxina web da UNED.
  • Podes realizar os cambios que necesites no borrador da matrícula.
  • Unha vez aceptes e valides o borrador, non poderás realizar cambios ou anulacións de matrícula* salvo modificación de materias que non supoñan unha variación na liquidación final.
  • Accede aquí para matricularte.

E a admisión, cando se realiza?

  • Como regra xeral os estudos de Grado non requiren admisión previa.
  • Consulta aquí as normas de admisión a Graos.

Descarga o folleto de prazos de admisión e matrícula aquí.

Secretaría Sede A Coruña.

  • Na primeira planta do Centro Asociado, Pepín Rivero, 3, 15011
  • Teléfono: 981 14 50 51
  • Fax: 981 14 59 60
  • Correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • Horario:
      • Período lectivo
        • Mañás: luns a venres, de 09:00 a 13:00 horas
        • Tardes: luns a venres, de 16:00 a 19:00 horas
      • Período non lectivo: luns a venres, de 09:00 a 13:30 horas

Secretaría Aula de Ferrol

  • Situada na planta baixa do edificio, c/ María, 52-54,15402
  • Teléfono: 981 36 40 26
  • Fax: 981 36 49 88
  • Correo electrónico: info@ferrol.uned.es
  • Horario:
    • Período lectivo: luns a venres, de 16:00 a 20:30 horas
    • Período non lectivo: luns a venres, de 09:00 a 13:00 horas

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

bannerweb6576
Horarios provisionais+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es