Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A emoción é a punta do iceberg dun contínuum"

29 de junio de 2015

Francisco Javier Domínguez, durante a súa exposición no curso de Verán "Emocións positivas".

Esta tarde inauguráronse oficialmente os Cursos de Verán no Centro Asociado UNED A Coruña. Germán Carro, director desta institución académica, acompañado por Francisco Javier Domínguez Sánchez, profesor de Psicoloxía da UNED e director deste primeiro curso "Emocións Positivas", e por Anxos Amor García, coordinadora desta actividade formativa.

Francisco Javier Domínguez é doutor en Psicoloxía (Universidade Complutense de Madrid, 1990). É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Sección Psicoloxía (Universidade de Salamanca, 1984). Especialista en Psicoloxía Clínica, as súas áreas de investigación son a interacción emoción-cognición, a psicofisioloxía e neuropsicoloxía da emoción e a avaliación e medida dos procesos emocionais.

Comezou a quenda de relatorio coa súa exposición: " Que son as emocións positivas? " Presentación "que" nas súas palabras, sería un esquema xeral que tocará aspectos que desenvolverán o resto de relatores ao longo do curso".

"O certo -comezaba- é que as emocións non foron de especial interese no mundo da psicoloxía". Se se fixese unha análise do número de publicacións científicas que abordan as emocións nos últimos anos, advertiríase que en torno a 1970 e 1975, -data na aparece un número interesante de públicaciones científicas- son na área das emocións negativas. Non aconteceu o mesmo coas positivas, foi necesario esperar ata o ano 2005 para disponder de estudos neste terreo.

Esta disonancia débese, entre outros motivos -como apuntou Domínguez- á perda do estado de benestar; a enfermidade mental...

Durante a exposición afondouse no proceso emocional e describiu os tipos de emocións. "Dentro das emocións básicas, -explicaba ao aforamento- pódense encontrar a sorpresa, o noxo o medo, a alegría, a tristura e a ira". Estas emocións teñen un alto compoñente xenético; son herdadas, non se aprenden e a súa expresión facial é moi expresiva.

Abordou o profesor as emocións secundarias: ansiedade, hostilidade, felicidade, humor, amor, culpa, vergoña ou o orgullo. Emocións que requiren de aprendizaxe e experiencia individual, non teñen expresión facial e non se afrontan dunha forma específica.

Dentro da orientación categorial poden distinguirse as positivas: felicidade, alegría, amor e humor, onde o factor desencadeante de todas elas é o logro dunha meta, as experiencias positivas ou a atenuación de continxencias negativas.

As emocións negativas como o medo, a ira, a tristura, a ansiedade ou o noxo. Emocións que mobilizan gran cantidade de recursos e onde se dá antes a resposta que a emoción derivada. Prodúcense polo bloqueo dunha meta, unha ameaza ou a perda dun reforzador.

Por último, e como exemplo de emoción neutra, Francisco Javier Domínguez falou da sorpresa. Estas emocións neutras non teñen unha valencia clara; positiva ou negativa, nada máis que favorecer o desenvolvemento rápido doutra emoción.

Unha visión xeral da área das emocións. Unha presentación que causou grande interese entre os asistentes, á vista do nutrido número de preguntas que formularon e que esgotaron o tempo nesta primeira sesión.

Enrique García Fernández-Abascal dedicou ao redor de trinta anos ao servizo do estudo das emocións. Os seus comezos na actividade académica foron na Universidade Complutense de Madrid, posteriormente estivo na Universidade de Cantabria para trasladar a súa docencia e finalmente á UNED. Onde permanece dende o ano 2000 na Facultade de Psicoloxía.

Autor de artigos científicos, publicou máis dunha vintena de libros especializados no campo da Psicoloxía, en concreto na área da Motivación, a Emoción, Estrés, a Creatividade etc.. O seu relatorio "Recursos que achegan as emocións positivas", pechou a segunda parte do curso esta tarde.

"O logotipo das emocións positivas, é o sorriso". Así comezaba García Fernández-Abascal a súa intervención.

Estas emocións, coñecidas na súa orixe como "bono extra" fronte á clara delimitación das negativas, fixéronse de pregar, no seu estudo e afondamento. A pesar de que o noso cebrero, este especialmente deseñado e construído para as emocións positivas.

certo -apuntaba García- é que o recoñecemento das emocións polo ser humano, permite a súa capacidade evolutiva.

Mencionou igualmente as "neuronas espello" como responsables de facernos tremendamente empáticos; non unicamente recoñecer as emocións, senón sentilas. Así como o desenvolvemento do proceso motivacional, espazo onde nos aproximamos ao agradable e evitamos o potencialmente desagradable. É entre estes dous eixes: aproximación e evitación, onde se se crea o mundo das emocións.

Por outro lado e en relación ás emocións negativas, Enrique García comentou que estas son imprescindibles para vivir e veñen xeneticamente pechadas. "Se ben é certo -comentaba- o afecto positivo hai que aprendelo e nunca é tarde".

Sesión moi positiva na quenda de preguntas na que participaron activamente, tanto alumnos presenciais coma os que seguían os relatorios por streaming.

cvemocionesjavierdominguezgermancarrocvemocionesangelesamorcvemocionesenriquegarciaabascal
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es