Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Segundo datos oficiais, dicir que España é o país mais seguro de Europa e á vez argumentar unha dureza na lei penal, é unha incrongruencia"

2 de julio de 2015

Ignacio González Sánchez, relator do Curso de Verán no centro penitenciario de Teixeiro.

Onte inaugurábase o Curso de Verán UNED A Coruña, "Os centros penitenciarios como espazos multidisciplinares" nas instalacións do propio centro. O seu director, Carlos García García, deu a benvida a todos os presentes: "o que se pretende con estes cursos é impulsar e abrir máis as portas do centro penitenciario, para que xente da rúa e os propios internos poidan compartir e ver como é un centro destas características,". Seguidamente o alcalde de Curtis, Javier Caínzos agradecía a todos a súa presenza, ao persoal do centro penitenciario, á UNED e a organización destas actividades formativas: "dende o Concello de Curtis, traballamos e colaboramos con todas as institucións educativas", -comentaba-. "aproveitar estar oportunidades", dixo a todos os alumnos matriculados.

Posteriormente, o director da UNED A Coruña, Germán Carro Fernández, tendía a man aos responsables do centro penitenciario para continuar este traballo colaborador entre ambas as dúas institucións e propoñía organizar, máis actividades: "é un orgullo levar a educación a aqueles sitios onde se demande" -comentaba-. Por último, Agustín Velloso, director deste curso, deu as grazas a todos -a María Díaz de Robles como coordinadora dende o Centro Asociado e a Juan Luíña polas súas funcións de coordinación dende o centro penitenciario. Manifestou a ilusión que sentía por este curso e a de todos os relatores que integran o cadro de profesores: "o que espero de todos eles nestes días, é a vosa participación, con preguntas, dúbidas, discusións e argumentos,".

Daniel Jiménez Franco, primeiro relator da mañá, é Doutor en Filosofía Xurídica e Institucións Políticas, Diplomado en Traballo Social e Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, en todos os casos a través da Universidade de Zaragoza. Asina publicacións científicas, participa en congresos e expón numerosos relatorios. Ampla experiencia como educador social e na actualidade, exerce funcións de colaborador docente.

Franco falou de competencia dos cárceres e o seu traballo produtivo como auténticas fábricas nos seus inicios, "eu castígote a traballar", sería en resumo a filosofía carceraria na súa orixe. A sociedade de pensadores ingleses do momentó, creou o que chamaron, "o muíño eterno", non facía falta producir máis, iso deixábano en mans dos donos das fábricas. Poñían a camiñar os presos 16 horas ao día.

Falou da institucionalización das prisións; de educar a xente na disciplina do traballador submiso e obediente ás necesidades produtivas. E é que o progreso humano implica ser máis civilizado e isto leva consigo a humanización das penas.

Franco quixo destacar que o primeiro neste tipo de procesos é o desenvolvemento material e logo veñen as cuestións ideolóxicas.

"Dende 2010 a poboación penitenciaria no estado español non deixou de descender, 77.000 presos; caeu o 15%, dende que todo vai moito peor. Maio de 2010, data clave: empeza o desdenso", -sinalou Daniel Franco. "A cifra de entradas en prisión en España non é especialmente alta, pero a permanencia é o dobre que a media europea". España ten moitos presos e pouca delincuencia, comparativa que pon en evidencia o sistema punitivo.

Por outro lado, o relator quixo poñer enriba da mesa a diferenza entre penar e rehabilitar: "é case unha incompatibilidade, pídenselle cousas que non poden cumprir á vez" - apostilaba-. "Claro que o tipo de sociedade na que se encontran, xera o castigo, un bo exemplo esa a pena de galeras".

Outro punto que o relator quixo resaltar son os dous anos de reforma penal centrando a discusión na pena perpetua, non obstante, na actualidade, pódese falar xa dunha cadea perpetua de feito.

Ignacio González Sánchez é Doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Especialista en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos no Centro de Investigacións Sociolóxicas e Experto Universitario en Criminoloxía na UNED. Con experiencia docente, escribiu numerosos artigos en revistas científicas e participado na publicacións e mesmo en traducións, revisións técnicas de textos enmarcados na súa área de traballo.

González cubriu a segunda sesión da mañá co seu relatorio "Variacións políticas e culturais da penalidade neoliberal: comparacións entre EUA e España".

Nesta intervención formuláronse as raíces históricas, políticas e culturais dos sistemas penais. A partir da aplicación da teoría da penalidade neoliberal para comprender o caso español, se analizanron as influencias que tivo a aplicación de políticas neoliberais no endurecemento do Código penal, o incremento do número de presos e de policías, a pesar duns niveis de delincuencia baixos e en descenso dende finais dos 80. Revisouse brevemente, por iso, a influencia recíprocaentre as políticas sociais, o sistema penal e a regulación do mercado laboral. Mediante a comparación con EUA Tratouse de poñer en relevo algúns dos factores que inflúen no tipo e as expansión do castigo.

Análise en torno ao incremento ou non do número de reclusos en épocas de crise.

"Segundo datos oficiais, dicir que España é o país mais seguro de Europa e á vez argumentar unha dureza na lei penal, é unha incrongruencia" -afirmaba Ignacio González-.

Sen dúbida o seu relatorio e a achega da corrente económica e política neoliberal, enmarcada no presente e futuro dos centros penitenciarios, centrou parte do debate durante a mañá. A súa exposición do neoliberalismo dende unha percepción psicolóxica, tratando o individuo e non ao grupo, dende un punto de partida onde o individuo dispón de vontade para decidir o seu camiño, á marxe da influencia do seu ámbito social e familiar. As políticas sociais, a precarización do mercado laboral, a transformación en dereitos e axudas que se poden suprimir, o aumento da duración das condenas en España.

A taxa de presos; o seu incremento ou descenso en relación coas políticas do momento ou flutuacións ecónomicas, ou a taxa de paro. Os conceptos de inserción e reincidencia, a privatización, o grao de intervención estatal, foron obxecto de análise e discusión, tanto por parte dos relatores coma dos cursillistas.

O caso americano e o tratamento carcerario como un negocio; en EUA os cárceres cotizan en bolsa. e a posible e hipotética privatización española e os seus efectos no ecosistema de centros penitenciarios actual.

Curso de Verán "Os centros penitenciarios como espazos multiculturais", máis información do curso aquí.

Na imaxe de portada: Ignacio Sánchez, relator, Agustín Velloso, director do curso, Daniel Franco, relator e María Díaz, coordinadora do curso.

Na imaxe da noticia: Ignacio Sánchez, relator, Agustín Velloso, director do curso e Daniel Franco, relator.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

cvteixeiro2015inauguracion9040
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es