Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Encontro entre responsables da UNED A Coruña e o centro penitenciario de Teixeiro

8 de julio de 2015

Reunión para fixar futuras liñas de traballo formativo.

Esta mañá tivo lugar un encontro entre responsables da UNED A Coruña e o centro penitenciario de Teixeiro.

Germán Carro, director do Centro Asociado, María Díaz de Robles, coordinadora de Extensión Universitaria, Juan Laíño e Jaime Cardalda, responsables da área de Formación do centro penitenciario, reuníronse nas instalacións do a UNED na cidade, para ampliar e reforzar as liñas de traballo futuras, en torno a novas actividades formativas.

O último curso de coordinación conxunta desenvolveuse no propio centro penitenciario e estaba enmarcado dentro dos Cursos de Verán da UNED. A este asistiron 123 persoas; matriculados externos e internos que puideron aprender e debater acerca da multiculturalidade de nestes espazos penitenciarios.

A UNED A Coruña e o centro de Teixeiro, reforzan así un traballo colaborador que se iniciou fai xa algúns anos.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es