Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"O obxectivo é crear a universidade da zona rural, para a zona rural, na zona rural"

27 de julio de 2015

Luis Rodríguez Patiño, durante a rolda de prensa e presentación aos medios de comunicación locais, o proxecto Sénior A Coruña no Concello de Lousame.

O luns a UNED da Coruña trasladábase a Lousame. Pobo da bisbarra de Noia, en terras do Barbanza.

Tratábase dun encontro entre a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o director do centro asociado Germán Carro, a representante da Asociación Maisdetres, Carme Freire, o coordinador da UNED Sénior Luis Rodríguez Patiño e a coordinadora dos cursos de Extensión Universitaria, María Díaz de Robles.

Durante a xornada, presentouse aos medios locais o proxecto sénior asinado a tres bandas nas instalacións do consistiorio.

A relación UNED, Concello de Lousame e a Asociación Maisdetrés, comezou o abril deste ano. Empezouse a cristalizar en maio, concretamente o día 22, coa firma do convenio entre as tres partes e o compromiso, prioritariamente formativo.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, comezaba a rolda de prensa falando recursos, historia, saberes, de potenciar todos os aspectos e posibilidades do propio Concello, de abrir un espazo UNED en Lousame para poder dinamizalos, e de difundir o propio patrimonio e a cultura.

Germán Carro, comezaba dicindo que este proxecto nacía con vocación catalizadora das necesidades de educación superior da xente maior. A busca e a aprendizaxe, a sabedoría e experiencia. "Nunca se remata de aprender, e nunca se remata de ensinar" -dicía-. O coñecemento dos maiores, como vehículo facilitador. "Dende o inicio deste proxecto, que creceu e se expandiu con éxito, xa se pode afirmar que axudou a mellorar a vida dos maiores no rural" -finalizaba-.

Luis Rodríguez Patiño, coordinador Sénior da UNED A Coruña, comezaba a súa intervención mencionando as orixes deste proxecto educativo en zonas do rural interior, onde ninguén pensaba que podería chegar a universidade. Puntualizaba que en ningún caso é unha aula da terceira idade, nin unha escola de adultos. A UNED Sénior do rural é unha universidade, coas propias particularidades e singularidades, pero coas esixencias académicas que corresponden. Unha oportunidade para vincular veciños cun gran potencial cultural e académico ao proxecto. "O obxectivo é crear a universidade da zona rural, para a zona rural, na zona rural" -afirmaba-.

Carme Ferreiro, pola súa banda e en representación da Asociación Maisdetres, quixo recalcar que no rural hai toda unha serie de potencialidades e recursos que en moitos casos necesitan dun paraugas institucional e da relevancia da UNED, que recorde aos habitantes dos pobos todo o seu caudal cultural, para darse a coñecer o público en xeral, a través das canles axeitadas, "transformar esa sabedoría nunha oportunidade de futuro", -comentaba- e daba todo o seu apoio a este proxecto que acaba de comezar.

Finalizada a rolda de prensa, e a continuación, tocaba programa de radio en directo.

A xornada finalizou coa visita ás instalacións de "Toxosoutos", a cargo da Asociación Maisdetres dentro do Concello de Lousame. Un ámbito incomparable.

Unha mañá intensa, cargada de proxectos, ilusións e con moitas motivacións por diante.

Máis información UNED Sénior aquí.

Información para matrícula no 981 14 50 51.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook

lousameprogramaradiocopejulio2015lousametoxosoutosjulio2015lousametoxosoutos1julio2015
Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es