Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Xunta Reitora de Padroado

28 de julio de 2015

Se celebra a reunión que pecha este curso académico.

Esta mañá, ás 10:30 horas, nas instalacións da sede da UNED A Coruña, tivo lugar a reunión de Xunta Reitora de Padroado que pechaba o curso académico.

Tratouse do primeiro encontro formal das institucións que conforman o padroado da UNED coruñesa, unha vez nomeado director do Centro Asociado a Germán Carro.

Asistiron en nomedas súas institucións, José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia e actual presidente do Padroado UNED A Coruña, Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado, Pedro Cortiñas Vázquez, vicereitor adxunto de Centros Asociados da UNED. En representación do Concello da Coruña asistiu José Manuel Sande, concelleiro de Cultura e coñecemento, representando ao Concello de Ferrol, a edil Ana Rodríguez Masafret, e AnaMónica Novo García, secretaria do Centro Asociado.

En representación dos correspondentes colectivos da institución universitaria na cidade, Carlos Pateiro Rodriguez, representante dos profesores titores, Eduardo García Lodeiro, delegado de alumnos e José Manuel Dapena Varela, representante do PAS do Centro.

Dapena despediuse na Xunta Reitora ao pasar a situación de excedencia tras ser elixido concelleiro do Concello da Coruña, onde foi nomeado recentemente voceiro do Grupo Municipal Socialista.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es