Exames
26 de agosto de 2015
Carné de estudante UNED.
Carné de estudante. Hai dous forma de formalizalo:
Presencialmente no Centro Asociado
- No Servizo de Secretaría do Centro Asociado.
- Necesario traer o DNI.
- Faise e entrégase no momento.
Por correo electrónico ou correo postal
- Necesario achegar unha fotografía dixitalizada, en formato jpg.
- Acompañala coa fotocopia do DNI.
- Nuns días enviarano á dirección sinalada no correo, ou ben pódese pasar a recoller na Secretaría do Centro Asociado.
Como presentalo o día do exame
- Mostra a túa documentación no posto de control de entrada á aula: DNI e carné de estudante UNED.
- O teu carné será lido por unha lectora óptica, descifrando a información necesaria para que se imprima o teu exame, cos teus datos persoais e a indicación exacta do asento que se che asignou na aula: fila e columna onde debes sentarte.
Para máis información, contacta coa Secretaría do Centro Asociado no teléfono, 981 14 50 51 na sede A Coruña e 981 36 40 26, na Aula de Ferrol.
Recorda, o día do exame ven provisto co teu carné de estudante e co teu DNI.
Accede á Guía de como examinarte
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Google+
Youtube