Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CUID - Aberto prazo de matrícula

7 de septiembre de 2015

Este curso incorporamos á oferta semipresencial, Francés e Chinés e máis niveis de Inglés e Alemán.

Que é o CUID?

  • É Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED.
  • A finalidade do CUID é promover a aprendizaxe das linguas españolas cooficiais e idiomas estranxeiros.
  • Estas ensinanzas impártense como títulos propios da Universidade, a través dos Centros Asociados que colaboran co CUID.
  • Os niveis están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL), os idiomas e niveis máis numerosos contan co certificado CertACLES.
  • Hai asinado un Convenio de colaboración o Ministerio de Cultura e Deporte, para o acceso ás Escolas de Idiomas.

Que idiomas e niveis impártense dende o Centro Asociado UNED na Coruña?

  • O CUID ofrece dúas modalidades de ensino:

Modalidade Virtual ou en liña. Poderás matricularte adscrito ao Centro UNED A Coruña recibindo formación 100% en liña dos seguintes idiomas:

  • Inglés A1, A2, B1, B2, C1
  • Italiano A1, A2, C1
  • Portugués C1
  • Español para estranxeiros A1 e A2
  • Catalán-Valenciano A2, B1, B2, C1

Modalidade Semipresencial. Con titorías presenciais no Centro Asociado para os seguintes idiomas*:

  • Inglés. Niveis A1, A2, B1, B2 e C1.
  • Francés. Niveis A1, A2, B1, B2 e C1.
  • Alemán. Niveis A1, A2, B1 e B2.
  • Chinés A1- (Nivel elemental)

*Siempre que se matriculen polo menos 5 alumnos, por idioma e nivel.

Consulta as Guías de Estudo cada idioma e nivel.

Como se avalía?

  • As avaliacións teñen lugar en dúas convocatorias por ano, unha ordinaria en maio-xuño e extraordinaria en setembro.

Canto dura o curso?

  • De novembro a maio de cada curso académico.
  • Corresponde a 150 horas lectivas.

Como se formaliza matrícula?

  • Por internet.

Ata cando está aberto o prazo para formalizar a matrícula?

  • Do 7 de setembro ao 30 de outubro de 2015.

Que requisitos piden de admisión?

  • Ser español ou estranxeiro cumpridos os 18 anos ou cumpridos antes do día 31 de agosto de 2016.
  • Non se require titulación académica ningunha.
  • Antes de matricularte debes realizar un test de autocorrección que encontrarás no apartado proba de nivel. Importante a realización desta proba para comprobar que te matriculas no nivel máis axeitado.

------------------------~()~-----------------------

Coñece o CUID aquí.

Máis información do CUID aquí.

Accede á información que che ofrece a web do Centro Asociado aquí.

Horarios do CUID semipresencial aquí.

------------------------~()~-----------------------

Máis información nas secretarías do Centro Asociado:

Sede A Coruña

  • info@a-coruna.uned.es
  • 981 14 50 51

Aula de Ferrol

  • info@ferrol.uned.es
  • 981 36 40 26

10 razóns para aprender un idioma na UNED

1. Falar un segundo idioma axúdache a ser un profesional máis competitivo.

2. Sitúate no mercado laboral con máis rapidez e axilidade.

3. Achega valor ao teu currículo.

4. Facilita o acceso a máis e mellor coñecemento: prensa estranxeira, portais internacionais, documentos e información especializada, foros, etc.

5. No plano persoal axuda a adquirir máis e mellores destrezas e habilidades.

6. A súa aprendizaxe, fomenta a creatividade e a intelixencia ao facilitar que o cerebro se estimule positivamente.

7. No Centro Asociado A Coruña, poderás estudar os idiomas máis demandados.

8. Non é necesario asistir de forma presencial a clase.

9. Dispoñerás dunha plataforma con soporte docente durante todo o curso.

10. Os textos son adaptados á realidade non presencial da UNED.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es