Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Exames

2 de septiembre de 2015

Cómo solicitar un exame de reserva ó Presidente do Tribunal de Probas Presenciais.

Que son os exames de reserva?

A reserva é a posiblidad de realizar un exame, fóra do día e hora fixado para esa ou esas materias no calendario oficial de exames, cando concorran cincunstancias concretas ou extraordinarias, unha vez solicitado ao presidente do Tribunal de Probas Presenciais, a través do Centro Asociado, e admitido a súa realización por este.

Onde se regulan?

Como se desenvolven?

  • Nos exames de reserva a entrada é única: ás 09:00 horas pola mañá (na que se realizan os exames de reserva das materias examinadas nos tres primeiros días do período de exames) e ás 16:00 horas pola tarde (sesión na que se realizan os exames de reserva das materias examinadas nos restantes días).
  • Entréganseche, nesa única entrada, todos os exames de reserva solicitados que correspondan a esa sesión.
  • En cada unha destas sesións, dispoñerás dun tempo máximo de catro horas e só poderás realizar un máximo de tres exames.
  • No caso de presentarte a un ou dous exames, o tempo máximo axustarase ao establecido en cada un deles.

Quen pode solicitar reserva?

  • Poderás concorrer aos exames de reserva se che coinciden dous ou máis materias na mesma sesión, é dicir, o mesmo día e á mesma hora.
  • Por causas extraordinarias, como motivos laborais, que deberás xustificar ante o presidente do Tribunal de Probas Presenciais e este terá que conceder ou denegar.

Cando se debe solicitar a reserva?

  • No momento de realizar o primeiro exame coincidente (moi importante).
  • No Centro Asociado.
  • Coa solicitude e o xustificante correspondente para que o fagan chegar ao Presidente do Tribunal dende o Centro Asociado.

Concesión da reserva

  • O Tribunal constitúese ao comezo da semana de exames correspondente.
  • O presidente valorará a solicitude e concederaa ou denegará.
  • Se se che concede, cando acudas á sesión de reserva, acompaña unha copia da petición e do xustificante.

Modelo de solicitude de reserva

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

examenesreserva
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es