Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumno

23 de septiembre de 2015

Coñece todas as actividades programadas.

O Plan de Acollida que presenta o Centro Asociado UNED A Coruña para o curso 2015/2016, propón un programa de accións formativas e informativas dirixidas aos novos alumnos co obxectivo principal de facilitarlle o proceso de transición, integración, ou continuación á vida universitaria, para que desde o primeiro día de clase poidan optimizar todos os recursos que estean ao seu alcance. Son xornadas e sesións onde terán a oportunidade de coñecer a compañeiros con mesmas inquietudes e de coñecer todo o que lle Centro Asociado pode facer para mellorar a súa vida académica.

AVISO: Para todas as actividades, é necesaria inscrición na plataforma. Máis información:

Sede A Coruña

  • info@a-coruna.uned.es
  • Tfno. 981 14 50 51

Aula Ferrol

  • info@ferrol.uned.es
  • Tfno. 981 36 40 26

CURSOS DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Exponse con vocacion de apoio inicial a todos os estudantes e en especial aos novos. Permítelles abordar con éxito os seus estudos universitarios na UNED. O alumno deberá coñecer as técnicas de estudo para despois, elixir aquelas que mellor se adapten á súa forma de aprender e reter os contidos.

Curso de Técnicas de Estudo Autorregulado. 2ª Edición. Sede A Coruña.

  • Datas: do 23 ao 30 de outubro de 2015.
  • Horario: de 09:00 a 21:00 horas.
  • Carga lectiva: 40 horas lectivas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Créditos: 2 créditos ECTS e 4 créditos de libre configuración.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

Curso de Técnicas de Estudo Autorregulado. Aula de Ferrol.

  • Datas: do 20 ao 27 de novembro de 2015.
  • Horario: de 09:00 a 21:00 horas.
  • Carga lectiva: 40 horas lectivas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Créditos: 2 créditos ECTS e 4 créditos de libre configuración.
  • Lugar de celebración: Aula de Ferrol.
  • Más información aquí.

ACCIÓNS DE BENVIDA

Son xornadas pretenden informar os alumnos dos Servizos que teñen á súa disposición no Centro Asociado UNED A Coruña, metodoloxía de traballo específica e as súas particularidades.

Xornada de Benvida curso 2015/2016. Sede A Coruña.

  • Datas: 28 de outubro de 2015.
  • Horario: de 16:30 a 19:30 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

Xornada de Benvida curso 2015/2016. Aula de Ferrol.

  • Datas: 28 de outubro de 2015.
  • Horario: de 16:30 a 19:30 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: Aula de Ferrol.
  • Máis información aquí.

DELEGACIÓN DE ALUMNOS

Xornada onde os membros da Delegación de estudantes da UNED A Coruña, preséntanse e informan de todas as súas actividades e os procedementos que poidan resultar de interese aos alumnos matriculados no Centro Asociado.

Presentación das Delegacións de Estudantes. Sede A Coruña.

  • Datas: 26 de outubro de 2015.
  • Horario: de 18:30 a 19:30 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

HABILIDADES "TIC"

Trátase de sesións de apoio tecnolóxico onde se pretende introducir ao estudante da UNED A Coruña, na vida virtual a empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance.

Xornadas de Apoio Tecnolóxico. Aula Ferrol.

  • Data: 29 de outubro de 2015.
  • Horario: de 17:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: Aula de Ferrol.
  • Máis información aquí.

Xornadas de Apoio Tecnolóxico. Sede A Coruña.

  • Data: 30 de outubro de 2015.
  • Horario: de 16:00 a 18:30 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

RECURSOS PARA O ESTUDO. "COÑECE A túa BIBLIOTECA"

Son sesións que abordan en formato presentación, os servizos e recursos da Biblioteca do Centro Asociado. O persoal responsable da Biblioteca realizará un achegamento das principais actividades e ferramentas desta Unidade e o procedemento específico necesario para o acceso e uso de referencias, fomentando a interacción e participación dos asistentes. Promover a autonomía e independencia do alumnado á hora de afrontar os seus estudos, dentro do marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

"Conoce tu Biblioteca". Sede A Coruña.

  • Data: 30 de outubro de 2015.
  • Horario: de 19:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

CURSOS "0" DE NIVELACIÓN

Un curso "0" é un curso de nivelación orientado a facilitar aos alumnos a adquisición de coñecementos e habilidades básicas para afrontar con éxito as materias relacionadas co curso en cuestión.

Curso de Introducción á Estatística nas Ciencias Sociais. 1ª Edición 2015/2016. Sede A Coruña.

  • Datas: do 28 de septembro ao 2 de outubro del 2015.
  • Horario: de 16:00 a 20:00 horas.
  • Carga lectiva: 25 horas lectivas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

APOIO NA FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN LIÑA

É un recurso que o Centro Asociado UNED A Coruña pon ao alcance de todos os alumnos para facilitar o seu proceso de matriculación nas instalacións do propio Centro, sede A Coruña. Máis información na Secretaría do Centro.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Servizo de Secretaría

Servizo fundamental de información e atención ao público, sobre aspectos relativos á actividade universitaria do Centro Asociado. Como realizar os trámites académicos, a preinscrición, a matrícula, a solicitude de bolsas... Neste Servizo tamén se proporcionan modelos de instancias para obter certificacións académicas, convalidacións, petición de títulos, traslado de expedientes, etc.

Máis información da Secretaría aquí.

Secretaría sede A Coruña

  • info@a-coruna.uned.es
  • Tfno. 981 14 50 51

Secretaría Aula Ferrol

  • info@ferrol.uned.es
  • Tfno. 981 36 40 26

COIE

O COIE é o Centro de Orientación, Información e Emprego, un servizo especializado en ofrecer información e orientación académica e profesional que a UNED A Coruña pon a disposición dos seus estudantes. Desde o COIE tamén ofrecemos os nosos servizos ao resto da comunidade universitaria do Centro e á rede empresarial, mantendo o obxectivo de ofrecer axuda para a integración académica e profesional dos estudantes.

Máis información do COIE aquí.

SAEE

O seu obxectivo é ofrecer información, asesoramento e orientación laboral aos alumnos da UNED, atendendo as súas necesidades e inquietudes profesionais. O Servizo de Axuda ao Emprego e ao Emprendimiento dos Universitarios (SAEE) do Centro Asociado UNED-A Coruña traballa en colaboración co COIE do Centro.

Máis información do SAEE aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

imagenplanacogida201520164283
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es