Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Creo que é importante valorar o traballo dos titores. Cónstame que para moitos compañeiros, do mesmo xeito que para min, as titorías foron fundamentais na nosa evolución como estudantes".

6 de noviembre de 2015

María Salomé Botana Martínez. Graduada en Psicoloxía.

María Salomé Botana Martínez. Comezou os estudos de Grao en Psicoloxía na UNED en outubro de 2011 e graduouse en xuño de 2015, con mención en Psicoloxía Clínica. Desde o ano 2003 traballa como fotógrafa profesional na Coruña.

Por que decidiches realizar un Grao na UNED?"

Os meus intereses laborais han estado moi orientados cara á Psicoloxía desde hai anos, con todo, por diversos motivos, non atopei a ocasión de estudar esta carreara na Facultade de Psicoloxía de Santiago, así que a UNED ofreceume a oportunidade para facelo".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Os meus obxectivos foron persoais e profesionais por igual. No meu caso o éxito de calquera tipo de meta (a longo prazo) depende dun equilibrio entre todos os aspectos importantes da miña vida".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Cando comecei o Grao non sabía moi ben como coller un libro. Facía dez anos que non estudaba e nunca fora unha estudante modélica precisamente. No ano 2008 prepareime para correr o maratón de Nova York e nun ano conseguírao. Pensei que a preparación dunha carreira de fondo non podía ser tan diferente ao estudo dun Grao.

Apunteime aos cursos que ofrecen as Xornadas de Acollida para adquirir estratexias de estudo e familiarizarme co sistema de cursos virtuais da UNED. Ademais puiden acudir a moitas das titorías.

Creo que é importante valorar o traballo dos titores. Cónstame que para moitos compañeiros, do mesmo xeito que para min, as titorías foron fundamentais na nosa evolución como estudantes. O resultado foi un traballo ben planificado e constante sen grandes diferenzas desde o primeiro día de curso, ata o día anterior ao exame, pero coa flexibilidade que a UNED ofrece para adaptar o plan de estudo ás miñas propias circunstancias.

No meu caso resúmese a unha carreira de fondo".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"A curto prazo, a satisfacción de conseguir unha meta significativa para min como é haberme graduado. A longo prazo poderei orientar a miña carreira profesional cara a aqueles obxectivos que considero valiosos para mellorar tanto a miña calidade de vida, como a dos que me rodean. Ademais tiven a sorte de coñecer a persoas cunha gran calidade humana, tanto compañeiros como titores, e lévome máis dun amigo".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"A miña familia axudoume moito e foi moi paciente. Os fondistas sabemos que para conseguir bos resultados hai que ter uns hábitos, moi constantes durante moito tempo, e ás veces podemos pecar de falta de flexibilidade para adaptarnos ás realidades do resto das persoas que nos rodean. Neste sentido a miña familia amoldouse ás miñas circunstancias sacrificando o seu propio tempo para que eu puidese realizar este proxecto. Estou moi agradecida".

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Negativos: adictivo, ambicioso e custoso Positivos: enriquecedor, atrevido e realizable".

Anímasche a seguir estudando?

"Claro! Que remedio! Agora estou a preparar o exame para acceder ás prazas de PIR (Psicólogo Interno Residente) en 2017. Sei que vai ser duro pero é un novo reto e a min atráenme os desafíos".

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladasalomebotanaunedacoruna3316
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es