Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Na UNED aprendín a gozar máis da miña aprendizaxe, non só con miras a un futuro laboral, senón polo seu carácter humanista en si".

6 de noviembre de 2015

Jonathan Lema Touriñán. Graduado en Ciencia Política e da Administración.

Jonathan lema Touriñán, graduouse en Ciencia Política e da Administración o curso pasado, 2014/2015.

Licenciado en Dereito, Jonathan é graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos e graduado en Sociología e Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade da Coruña (UDC). Finalizou o Máster en Dirección de Recursos Humanos por Escola de Negocios e ctualmente está a realizar o Doutoramento en Dereito pola UDC e simultaneando os Graos de Economía e Psicoloxía pola UNED.

Delegado da Facultade de Ciencias Políticas e Sociología no Centro UNED Coruña entre os anos 2013 e 2015 e actualmente é subdelegado de Centro e delegado de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ata o ano 2017.

Por que decidiches realizar un Grao na UNED?

"Ó principio pensei en estudar Ciencia Política como un bo complemento para o meu Grao en Sociología, pero non me esperaba gozar tanto da carreira, sobre todo nos temas de Xestión Pública e Teoría Política. Empecei o Grao cunha idea e acabeino con outra ben distinta. Eu fun o primeiro sorprendido.Na UNED aprendín a gozar máis da miña aprendizaxe, non só con miras a un futuro laboral, senón polo seu carácter humanista en si".

Cales foron os obxectivos inícialles cando te matriculaches por primeira vez?

"Os meus obxectivos inícialles foron moi claros: non vir abaixo. Xa viña advertido sobre o duro que me ía resultar a experiencia na UNED respecto dunha universidade presencial. Como xa mencionei, a UNED abriume a miña paixón pola aprendizaxe que vén dada da necesidade de aprender o máximo posible. Nesta universidade nunca sabes o que che vai a caer nun exame, nin che dan nada "masticado", polo que ou gozas do estudo ou o teu camiño por esta universidade será un inferno".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Non sabería dicirche se evolucionei como estudante, pero si moito como persoa. Explícome: notei algo raro, que normalmente non concorda co que un pensa ao saber que isto é unha universidade a distancia. Aínda que ao principio sempre andas perdido e pareces que estas só, se cho propós non dura moito ese sentimento.Atopeime que sinto máis arroupado nesta universidade polos meus compañeiros (aínda que non os coñeza nin en persoa), que nas presenciais nas que estudei. Fixen moi boas amizades e planeo conservalas durante moito tempo.Outra cousa que me axudou moito neste tempo é facerme representante de estudantes. Permitiume aproveitar moitas oportunidades. Coñecín xente interesantes e fixen máis amizades unedianas en toda España. Teño dúas amigas que me queren como un irmán en Valencia e Elxe, un galego que vive fóra de Galicia, unha tinerfeña encantadora e un mozo de Castelló simpatiquísimo. Todo iso, sen contar aos propios delegados da miña Delegación anterior e actual, en especial á Delegación de Xeografía e Historia, e ao noso delegado actual, do que aprendín moito. Desde aquí fago un chamamento a que a xente colabore coa Delegación do Centro. Nunca vin unha participación de estudantes tan activa.

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"No meu caso é unha axuda para a miña tese doutoral, pero tamén me descubriu que a miña paixón é a Administración Pública. Así que quizais podamos traballar niso cando termine a miña tese o próximo curso".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Eu sempre dixen en casa que parte do tempo que empreguei estudando é tempo seu que me regalaron. Saben canto importante é para min isto e, moitas veces sen comprender por que estudaba tanto, apoiábanme. Teño que agradecer moito á miña avoa, os meus pais e a miña parella. De feito, eu renunciei a asistir ao acto de gradación só polo feito de celebralo de maneira privada coa miña familia. Parecíame que eles tamén merecen a súa recompensa".

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Tanto aspectos positivos como negativos hai moitos. Ambos son a cara e cruz da mesma moeda, segundo a miña opinión. Máis que en adxectivos, resumireinos en frases: facer as cousas por ti mesmo, aprendes a traballar, pero moitas veces fallas e non se che corrixe; trámites administrativos algunhas veces sinxelos e outras interminables e; os extensos manuais, algunhas veces entretidos e outras soporíferos".

Anímasche a seguir estudando?

"Por suposto, a UNED abriume o apetito para seguir aprendendo. Funciono moi ben cando me examinan, aínda que non tanto asistindo a clase. Prefiro "apañármelas só". Xa me adaptei ao seu formato de estudo e a como facer as cousas (tres cursos despois, non digo nada). Ademais, esta universidade aínda me ofrece estudos que me gustaría cursar por exemplo Antropoloxía ou Historia, aínda que iso sería con tranquilidade e a longo prazo. Fóra dela xa teño en mente algún Máster, mellorar o meu francés e o meu portugués, así como comezar co italiano. A curto prazo, gustaríame finalizar o meu Doutoramento e as carreiras que teño xa empezadas.Non se pode dicir que me vaia a aburrir".

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladojonathanlemaunedacoruna3672
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es