Formación Permanente
11 de noviembre de 2015
Prazo ordinario ata o 1 de decembro, prazo extraordinario ata o 13 de xaneiro de 2016.
Que é a Formación Permanente?
- É un plan de formación enfocado á aprendizaxe ao longo da vida.
- O principal obxectivo deste programa é mellorar e actualizar os coñecementos, as aptitudes e capacidades dunha persoa.
Como se estrutura o Programa de Formación Permanente?
- Divídese en dúas grandes áreas: Programas de Posgrao e Programas de Desenvolvemento Profesional e Persoal.
Que se obtén ao superar os estudos de Formación Permanente?
- Obtense un título propio asinado polo Reitor da UNED.
- Trátase dun ensino universitario non oficial na UNED, onde a súa superación, acredita a especialidade e o nivel cursado.
- Os títulos propios son ensinos que as universidades poderán impartir en uso da súa autonomía, e que carecen de efectos académicos plenos e da habilitación para o exercicio profesional que as disposicións legais outorgan aos títulos oficiais.
- A diferenza dos títulos oficiais, que teñen validez en todo o territorio nacional, con efectos académicos plenos, e habilitan para o exercicio profesional.
Que diferenzas hai entre os Títulos de Máster, Especialista e Experto?
- A diferenza entre as tres categorías de títulos está no grao de especialización e actualización de coñecementos.
- A maior número de créditos, maior profundización e categoría do título que se obteña.
- Todos os cursos de Formación Permanente articúlanse a través dun sistema de créditos europeos (ECTS), que na UNED corresponden a vinte e cinco horas de dedicación do estudante.
Que sistema de avaliación teñen?
- Habería que superar probas e traballos a distancia.
- A cualificación será "apto", "non apto" ou "non presentado".
Cales son os prazos de matrícula?
- Prazo ordinario de matrícula ata o 1 de decembro de 2015. Prazo extraordinario de matrícula (para determinados cursos), ata o 13 de xaneiro de 2016.
Máis información do Programa de Formación Permanente aquí.
Consulta todos os cursos aquí.
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Google+
Youtube