Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"O estudo supuxo sacrificar afeccións, practicar deportes, etc. Foi unha cuestión de prioridades: a familia, o traballo e os estudos, e ao final...eu"

30 de noviembre de 2015

Enrique Sixto García. Licenciado en Dereito.

Enrique Sixto Martínez é membro das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado desde hai máis de 26 anos. Especialista en Policía Xudicial e Criminalística desde hai 16 anos e aínda en activo.

Licenciouse en Dereito pola UNED durante o curso 2014/2015.

Por que decidiches realizar a Licenciatura en Dereito na UNED?

"Para poder compaxinar a vida familiar e profesional e á vez, ter a posibilidade de estudar".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Inicialmente foi un reto persoal, daquela foron ambas circunstancias: posibilidade de aplicar coñecementos á miña profesión e un estímulo persoal de superación".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Hai que dedicarlle moitas horas e esforzo, unha gran constancia e dedicación. É unha "tolemia" pero...xa está feito. No meu caso fun aumentando progresivamente as metas que me ía marcando. Primeiro un par de materias para saber se podía con elas, e ao final un verdadeiro "atracón" xa que no meu caso a Licenciatura en Dereito extinguíase o curso pasado, pero organiceime ben os tres últimos anos e repartín proporcionalmente todo o que me faltaba para terminala".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"De momento ábreme a posibilidade de continuar preparándome persoal e profesionalmente. Mesmo me supón un baremo para ter moi en conta en futuros proxectos profesionais, para promocionarme, por exemplo".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Principalmente a miña familia, esposa e fillo, son os que máis notaron en primeira persoa as horas que dediquei ao estudo. Sen a súa comprensión nada disto pasaría. O apoio da familia é fundamental para poder centrarte nos estudos. O estudo supuxo sacrificar afeccións, practicar deportes, etc. Foi unha cuestión de prioridades: A familia, o traballo e os estudos, e ao final...eu".

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Positivos: satisfacción, orgullo, constancia. Negativos: soidade, discreción e extenuación".

Anímasche a seguir estudando?

"Como ben apuntou o Reitor o outro día, ésto acaba "enganchando" e xurdiume a oportunidade de realizar un curso de postgrao coa UNED, de Experto Universitario en Criminología... cuxa matrícula xa estou a tramitar.

É dicir, que sigo estudando..."

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladoenriquesixtoactodeaperturaunedacoruna9075
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es