Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CUID. Proba Libre de Idiomas

7 de marzo de 2016

Prazo de matrícula activa ata o 15 de abril.

Ata o 15 de abril, a UNED mantén aberto o prazo de matrícula para realizar este exame de nivel que serve para acreditar as competencias lingüísticas en idiomas segundo as directrices do MCER.

A proba libre de Idiomas CUID, é un exame de coñecemento desenvolvido en dous partes: oral e escrita, para Inglés nos niveis B1, B2 e C1 e Francés, nivel B1.

A parte escrita celebrarase o 23 de abril de 2016, en xornada de mañá e de forma presencial, ante un tribunal nomeado para ese efecto; comprenderá seccións de uso da lingua; expresión escrita e comprensión lectora.

A parte oral está prevista entre o 10 e 31 de maio e realizarase a través da plataforma informática E-Oral. Para este apartado terase en conta a comprensión auditiva, e a expresión e interacción.

A UNED A Coruña colabora co Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID) no desenvolvemento desta proba como centro de exame.

A matrícula para poder optar a realizar esta proba, estará activa ata o 15 de abril de 2016, realizarase por internet, a través da páxina www.uned.es.

Os certificados que se obteñen, unha vez superada a proba, contan co selo de calidade CertACLES, recoñecido por CercleS (Confederación Europea de Centros de Linguas no Ensino Superior) e avalado pola CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas). Todas as titulacións da UNED que requiran certificación de idiomas tamén recoñecen os certificados do CUID obtidos na proba libre.

Contacto:

  • Secretaría da sede A Coruña, teléfono 981 14 50 51.
  • Secretaría extensión Ferrol, teléfono 981 36 40 26.

Máis información aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

cuid
Horarios provisionais+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es