Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Biblioteca UNED A Coruña. Día do Libro.

11 de abril de 2016

Envíanos un correo contándonos cal é o teu libro preferido, e entra no sorteo de dous libros de literatura contemporánea. Prazo ata o 20 de abril.

Desde a Biblioteca do Centro Asociado da Coruña, desexan manifestar a paixón pola lectura e compartila. Por este motivo animan a celebrar o próximo Día do Libro con toda a comunidade universitaria. Unha comunidade plural e diversa.

Que se vai a facer?

Crear un mosaico de libros con todos os títulos recibidos ata a data fin de prazo.

Como se pode participar?

Enviando un correo a biblioteca@a-coruna.uned.es co título dun libro.

No asunto do correo debe figurar a palabra MOSAICO.

Nun máximo de 100 palabras, debe aparecer o motivo de elixir o libro proposto e porqué recoméndase.

Hai unha temática concreta?

A temática é de libre elección.O xénero tamén. Pode ser unha novela, poesía, ensaio, teatro, arte, cómic, etc.

Quen poden participar?

Toda a comunidade universitaria UNED A Coruña: alumnos, profesores titores e persoal de administración e servizos.

Cal é o prazo?

Ata o próximo 20 de abril.

Sorteo

Entre todos os participantes sortearanse dous libros de literatura contemporánea.

Anímate e participa!

 ------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

diadellibrounedacoruna2016sorteodiadellibro
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es