Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Es alumno/a ou titor/a de este Centro Asociado?

3 de mayo de 2016

Podes participar na programación de formación de Extensión Universitaria e Divulgación Cultural. Esperamos a túa proposta!

Ao longo de todo o curso académico, o Centro Asociado organiza diferentes actividades dentro do Programa de Extensión Universitaria e Divulgación Cultural.

Que son estas actividades?

Son actividades formativas e/ou culturais, breves no tempo, que abordan distintas temáticas.

Por que se fan estas actividades no Centro Asociado?

Nacen, nun primeiro momento, con vocación de ampliar e diversificar o coñecemento, a ciencia e a cultura na sociedade.

Doutra banda, pretenden completar a formación que se ofrece ao estudante cunha oferta curricular propia e específicia, co obxectivo de satisfacer a necesidade de obtención de créditos de libre configuración, necesarios en cada un dos Plans de Estudo das carreiras universitarias oficiais.

Todos estes cursos están suxeitos á solicitude de concesión de créditos de libre configuración?

O Centro Asociado oferta cursos nos que si se conceden, e no seu programa contempla, igualmente, actividades onde non se habilitan estes créditos.

Quen organizan estes cursos?

Desde o propio Centro Asociado, a través da coordinación de Extensión Universitaria e a Delegación de Alumnos.

Quen ten a iniciativa para programar e ofertar un curso?

A dirección do Centro Asociado; a través de Institucións da contorna, dos propios estudantes e/ou profesores titores desta institución académica superior.

Cal é a normativa?

Regulamento de actividades culturais, aprobado en Consello de Goberno da UNED de data 22 de decembro de 2010, cuxa última modificación aprobouse no Consello de Goberno do 18 de decembro de 2012.

Estás interesado/a en ofertar un curso en concreto neste Centro Asociado?

Podes formular unha proposta formativa, enche o formulario que corresponda e remíteo a María Díaz de Carballos, coordinadora de Extensión Universitaria do Centro Asociado UNED A Coruña, á dirección de correo electrónico: mdiaz@a-coruna.uned.es.

  • Se desexas propoñer unha actividade e pertences á Delegación de estudantes, pica aquí.
  • En todos os demais casos, se desexas propoñer unha actividade, accede aquí ao formulario que debes enviar cumprimentado.

A aprobación das propostas é competencia do Consello de Centro e da Xunta Reitora do Padroado.

 ------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

logocauned2
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es