Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

13 de junio de 2016

O arquelólogo Tito Concheiro, pronunciará a lección de clausura na despedida de curso 2015/2016

Ángel Concheiro Coello, tamén coñecido como Tito Concheiro, (Ordes 1966) é licenciado na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa longa traxectoria profesional desenvolveu máis de 250 intervencións arqueolóxicas por toda Galicia, incluíndo controis de obra, sondaxes avaliativos e campañas de escavación en área.

É autor do libro Castro do Achadizo: cultura material, economía e subsistencia na Idade do Ferro, editado polo concello de Boiro, así como de numerosos artigos en revistas científicas sobre distintos aspectos da Idade do Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade do Bronce, os seus dous principais campos de actuación.

No ámbito do castrexo dirixiu proxectos de escavación e conservación nalgúns dos xacementos máis senlleiros de Galicia: Castro do Achadizo (Boiro), Castros Pequeno e Grande do Neixón (Boiro), Alto da Cruz do castro (Cotobade) e Castro das Barreiras (Vimianzo). Dende o ano 2012 dirixe as intensas campañas anuais de escavación e restauración que se levan a cabo anualmente no Castro de Baroña (Porto do Son), un dos máis coñecidos e visitados de Galicia.

Foi durante varios anos arqueólogo da Deputación provincial da Coruña, onde coordinou, entre outros traballos, o Plan Provincial de Recuperación da Arquitectura Popular.

Actualmente é director técnico da empresa Arquestudio S.L., dedicada á intervención e xestión do Patrimonio Cultural.

O acto será ou próximo venres 17 de xuño, a partir das 10:30 horas no salón de actos da sede da UNED na Coruña. Está previsto que asistan algo máis de cen alumnos matriculados no programa sénior a recoller os seus diplomas e contará coa presenza de Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral técnico na Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o director do Centro Asociado UNED A Coruña, Germán Carro Fernández, e Luis Angel Rodríguez Patiño, coordinador do programa Sénior UNED A Coruña.

O programa será o seguinte:

  • Recepción de autoridades.
  • Palabras de benvida de Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado UNED A Coruña.
  • Palabras de Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral técnico, Consellería de Política Social, Xunta de Galicia.
  • Palabras de Luis Rodríguez Patiño, coordinador do Programa Sénior.
  • Lección de clausura a cargo de Ángel Concheiro Coello. Título: "Historia, paisaxe e cultura"
  • Entrega de diplomas.
  • Clausura de curso académico 2015/2016 UNED Sénior A Coruña, por Germán Carro Fernández.
  • Actuación do Coro da UNED Sénior.

----------------------------{}---------------------------

Accede a la nota de prensa aquí.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es