Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Algo máis de cen alumnos veteranos xa teñen o seu diploma

20 de junio de 2016

Este venres tivo lugar clausura de curso 2015/2016 da UNED Sénior A Coruña, coa participación de concellos e institucións colaboradoras.

10:30: hora axendada para o comezo do acto, pero os séniores -algo inusual- chegaron con algo de atraso. A "marea vermella", ao redor de cen alumnos matriculados no Programa UNED Sénior A Coruña, chegaba cargada cos seus instrumentos e o seu optimismo habitual, para recibir os diplomas deste curso, que xa tocaba ao seu fin.

A parte institucional e académica estaba representada na mesa por Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado UNED A Coruña, Luís Anxo Rodríguez Patiño, coordinador do Programa no Centro, e Anxo Concheiro Coello, coñecido arqueólogo coruñés, encargado de impartir a lección de clausura este ano titulada "Historia, paisaxe e cultura".

Na primeira fila de butacas acompañábanlles unha representación dos concellos participantes neste Proxecto: Aranga, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermande, Guitiriz, Rianxo e Lousame, xunto a secretaria xeral do Centro Asociado, Ana Mónica Novo García, e a coordinadora de extensión universitaria, María Díaz de Robles Badía.

Seguiuse o quión previsto: palabras das autoridades, lección de clausura, entrega de diplomas, clausura de curso e breve actuación do coro formado por alumnos sénior.

Un ano máis a calor e a ilusión dos alumnos máis veteranos, contaxiou de entusiasmo a todos os presentes. Un ano máis este Programa superaba as expectivas e obxectivos de anos anteriores, e deixou constancia, da necesidade de seguir traballando nesa dirección; con novos obxectivos e metas no horizonte.

-------------------------()------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

-------------------------()------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es