Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Admisión

27 de junio de 2016

Prazo activo ata o 20 de outubro. Consulta os casos nos que é necesario solicitala.

Que é a admisión?

  • É un procedemento, necesario só nalgúns casos, previo á formalización da matrícula.

En que consiste?

  • En solicitar traslado de expediente ou simultaneidade de estudos desde outra Universidade Española á UNED.

Quen teñen que Solicitar admisión?

  • Estudantes procedentes de Selectividade.
  • Estudantes procedentes da Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos, desde outra Universidade española.
  • Estudantes que veñan cursando estudos noutra Universidade española e desexen trasladar o seu expediente, para continuar estudos na UNED.
  • Estudantes matriculados noutra Universidade española que queiran simultanear estudos cun Grao na UNED.

Quen non terán que solicitar admisión?

  • Estudantes que queiran trasladar o seu expediente ou simultanear estudos se xa son estudantes da UNED.
  • Estudantes que superaron as Probas de Acceso, o Acceso para maiores de 25 anos, acceso profesional ou laboral ou Acceso para maiores de 45 anos na UNED.
  • Estudantes que teñan un título de carácter oficial (Técnico Superior FP, Diplomado, Licenciado, Enxeñeiro Técnico, Enxeñeiro, Arquitecto Técnico, Arquitecto, Graduado universitario) e non iniciaron outros estudos nalgunha Universidade española.

Como se solicita a admisión?

  • Formulario de solicitude de admisión aquí.

Cal é o prazo?

  • Do 15 de xuño ao 20 de outubro 2016.

Carta de admisión. Procedemento

  • É necesario imprimir e gardar a carta de admisión desde o formulario online.
  • Poderase consultar e imprimir de novo a carta de admisión co número de formulario que se lle facilitará ao encher a solicitude.
  • A validez da resolución de admisión está condicionada a que se cumpran os requisitos establecidos na normativa vixente no momento da formalización da matrícula.
  • A súa validez limítase ao curso académico 2016/2017, non tendo efecto para outro ou outros posteriores.

Traslado de expediente. Procedemento

  • Unha vez emitida a carta de admisión, deberá presentala na Universidade de orixe, alí emitirán un xustificante de solicitar traslado de expediente ou simultaneidade de estudos.
  • Este documento é necesario envialo cando se realice a matrícula, segundo as instrucións que se lle indicarán durante o proceso.

Descarga toda a información de admisión en pdf aquí.

Máis información do proceso de admisión aquí.

Servicio de Secretaría sede A Coruña

  • info@a-coruna.uned.es
  • 981 14 50 51
  • Horario de atención ao público aquí.

Servicio de Secretaría extensión Ferrol

  • info@ferrol.uned.es
  • 981 36 40 26
  • Horario de atención ao público aquí.

-------------------------()-----------------------

Nota de prensa

-------------------------()------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es