Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso de Verán

7 de julio de 2016

Inaugurado o curso de verán "As novas vías de resinserción: módulos de respecto e módulos terapéuticos".

A UNED A Coruña celebrou durante a mañá de onte mércores, a inaguración do curso de verán "As novas vías de reinserción: módulos terapéuticos e módulos de respecto" nas instalacións do centro penal de Teixeiro.

A mesa inagural estivo representada polo director do centro asociado, Germán Carro Fernández, o director da prisión, Carlos García García, e o director do curso de verán Juan Luís de Diego Arias.

Carlos García, responsable da institución penal, abriu a quenda de intervencións dando a benvida a todos os partipantes do curso e en relación aos alumnos externos manifestou a súa "satisfacción polo interese en entrar ás entrañas dun centro penal". Non quixo deixar pasar a ocasión sen agradecer á UNED, ao departamento de formación da prisión e á boa disposición dos internos no desenvolvemento da organización deste curso, "é un sopro de liberdade que vén á prisión -comentaba- que promove a interacción de internos e xente do exterior", dar a coñecer que non é un exemplo máis de utopía a resinserción, coa creación dos móduclos de respecto e terapéuticos.

Juan de Diego Arias, director do curso de verán, fixo unha breve introdución antes de comezar o relatorio coa que se daba por inagurada ao actividade estival: "trátase dun curso multidisciplinar que se abordará desde a perspectiva do Dereito, a Socioloxía e a presenza práctica dos actores intervenientes dos módulos de respecto e terapeúticos". Como ovetense e alumno da Universidade da súa cidade á que fixo unha  referencia mencionando os comezos da extensión universitaria vinculados e da man de autor de "A Regenta", Leopoldo Alas Clarín, vínculo que serviría para "poñer en contacto ás persoas co coñecemento".

Co punto de partida do artigo 25.2 da norma suprema, a constitución española, falar de reinserción penal é facer un exercicio de reflexión -comentaba- que convida a disertar ao redor de se é un dereito ou un principo, e co fío condutor o modelo social actual, como refente de fórmula de convivencia. Un referente afogado por un Estado social e democrático de Dereito en crise, un modelo de unidade e coherencia atafegado por case corenta anos de constantes crises económicas, sociais...

De Diego reflexionaba acerca da coherencia da resinsercion, a educación e a reeducación, coa esencia mesma do Estado Social e democrático de Dereito, materializada, fundamentalmente cos actuais intrumentos que facilitan unha efectiva resinserción. Alegaba, igualmente ao principio de solidariedade, concepto que rompe co individualismo en si e promove a interacción e a procura do ben común xunto co interese xeral.

Juan de Diego finalizaba a súa participación e a primeira das sesións, cunha proposta de "utopía cando se fala de resinserción, que non o é tanto por tratarse dun Estado social, onde non se debe perder a ningún dos individuos e non cabe a marxinación".

Imaxes cedidas polo centro penitenciario de Teixeiro.

----------------------------------{}------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es