Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Bolsas de colaboración do MECD

19 de julio de 2016

Prazo ata o 15 de setembro de 2016.

Que son as Bolsas de colaboración do MECD?

  • Son bolsas destinadas a promover a iniciación en tarefas de investigación.

A quen van dirixidas?

  • A estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de Grao ou de segundo ciclo.
  • A estudantes que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais. 
  • *Non se concederán estas bolsas para estudantes que estean a cursar o Proxecto de Fin de Carreira.

Cales son as condicións das bolsas?

  • Poderase obter a condición de beneficiario desta bolsa nun curso académico e por unha soa vez. 
  • É compatible soamente coas bolsas de carácter xeral para o curso 2016-2017, convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
  • En ningún caso o goce da bolsa de colaboración terá efectos xurídico-laborais entre o beneficiario e o Estado ou a universidade correspondente.
  • A colaboración prestada polo bolseiro estará directamente vinculada cos seus estudos e non supoñerá, en ningún caso, a realización de tarefas propias dun posto de traballo.

Cales son as obrigacións dos beneficiarios?

  • Someterse ás actuacións de comprobación que sexan precisas para a verificación do cumprimento das condicións de concesión da bolsa.
  • Seguir durante o curso académico 2016-2017, por ensino oficial, os estudos nos que se atopan matriculados. 
  • Prestar a súa colaboración durante tres horas diarias durante 8 meses no destino correspondente. *A colaboración poderá prestarse a distancia a través das ferramentas da plataforma docente da Universidade. Nestes casos, o Departamento dirixirá o traballo e supervisará o número de entradas e tempo de traballo desenvolvido na plataforma polo bolseiro, que non poderá ser inferior a 450 horas en cómputo anual.
  • Dentro do mes seguinte á finalización da colaboración, deberá presentar certificación acreditativa do Departamento universitario de prestar a colaboración, na Sección de Bolsas da UNED, sita na rúa Bravo Murillo número 38, 5ª planta.

Cales son os requisitos do Proxecto de Colaboración?

  • Os solicitantes deberán presentar un proxecto de colaboración a desenvolver dentro dalgunha das liñas de investigación en curso dos Departamentos universitarios, que versará sobre algunha das materias troncais ou obrigatorias para a obtención da titulación que se está cursando, describiranse detalladamente as funcións académicas que se van a realizar, así como o réxime de dedicación e tarefas que deberá cumprir o bolseiro.
  • O proxecto deberá presentarse debidamente avalado e puntuado polo Consello de Departamento no que o estudante vaia a desenvolvelo.

Cal é a dotación da bolsa?

  • A dotación total e única da bolsa para cada un dos beneficiarios será de 2.000€ .

Cal é o prazo de presentación de solicitudes?

  • Ata o 15 de setembro de 2016.

Como se formalizan as solicitudes?

Máis información aquí.

 ------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es