Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao alumno UNED A Coruña curso 2016/2017

16 de septiembre de 2016

Comprende 16 actividades distribuídas en 13 talleres e 3 sesións formativas. Desenvolveránse durante os meses de setembro e outubro de 2016.

Nota de prensa

O Plan de Acollida que presenta o Centro Asociado UNED A Coruña para o curso 2016/2017, propón un programa de accións formativas e informativas dirixidas, principalmente, a novos alumnos co obxectivo de facilitar o proceso de transición, integración, ou continuación á vida universitaria, para que desde o primeiro día de clase poidan optimizar todos os recursos que ofrece a UNED.

Son xornadas e sesións onde terán a oportunidade de coñecer a compañeiros coas mesmas inquietudes e de coñecer todo o que o Centro Asociado pode facer para mellorar a vida académica do estudante.

AVISO: Para todas as actividades é necesaria inscrición na plataforma.

TALLERES ENFOCADOS Á EFICACIA NO ESTUDO UNED

Exponse con vocación de apoio inicial a todos os estudantes e en especial aos novos. Neles tratarase de abordar as ferramentas necesarias para alcanzar o éxito nos estudos universitarios na UNED. O alumno deberá coñecer as técnicas e métodos de estudo para despois, elixir aquelas que mellor se adapten á súa forma de aprender e reter os contidos. Talleres que contribúen a que os alumnos coñezan as características e esixencias do modelo educativo da UNED, á vez que permite iniciarse en técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo.

Taller "Presentación de Traballos. Sabes que é unha PEC?" 1ª Edición

Obxectivo: Breve explicación das modalidades de entrega de traballos e a Proba de Avaliación Continua (PEC) na UNED.

  • Público: alumnos.
  • Data: 28 de setembro de 2016.
  • Horario: de 18:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Que é unha PEC? Prazos de entrega. Como se entrega. Quen avalía unha PEC? Podo entregar unha PEC en setembro?
  • Máis información aquí.

Taller "Presentación de Traballos. Sabes que é unha PEC?" 2ª Edición

  • Público: alumnos.
  • Data: 25 de outubro de 2016.
  • Horario: de 18:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Que é unha PEC? Prazos de entrega. Como se entrega. Quen avalía unha PEC? Podo entregar unha PEC en setembro?
  • Máis información aquí.

Taller "Como planificar o estudo correctamente"

Obxectivos: Ofrecer ao alumno a posibilidade de adquirir destrezas e procedementos de autocoñecemento da propia forma de aprender; distribución adecuada do tempo de estudo e de repaso para os exames.

  • Público: alumnos.
  • Data: 17 de outubro de 2016.
  • Horario: de 17:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Planificación. Diagnóstico individual da forma de estudo. Estratexias de traballo individual.
  • Máis información aquí.

Taller "Cómo planificar o estudo correctamente".

  • Público: alumnos
  • Data: 19 de outubro de 2016.
  • Horario: de 11:00 a 14:00 horas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Planificación. Diagnóstico individual da forma de estudo. Estratexias de traballo individual.
  • Máis información aquí.

Taller "Estudas igual para un exame tipo test que para un exame de desenvolvemento? Ensinámosche as técnicas adecuadas". 1ª Edición.

Obxectivo: Axudar e orientar ao alumno para a mellora do seu estudo mediante o coñecemento das técnicas de estudo adecuadas á materia

  • Público: alumnos.
  • Data: 20 de outubro de 2016.
  • Horario: de 11:00 a 14:00 horas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Procedementos para a preparación próxima e remota do exame.
  • Máis información aquí.

Taller "¿Estudas igual para un exame tipo test que para un exame de desenvolvemento? Ensinámosche as técnicas adecuadas". 2ª Edición.

  • Público: alumnos.
  • Data: 31 de octubre de 2016.
  • Horario: de 17:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Procedementos para a preparación próxima e remota do exame.
  • Máis información aquí.

ACCIÓNS INFORMATIVAS

Son xornadas que pretenden informar os alumnos dos servizos que teñen á súa disposición no Centro Asociado UNED A Coruña, metodoloxía de traballo específica e as súas particularidades.

Xornada Informativa Curso de Acceso

Obxectivo: Dar a coñecer a todos os alumnos novos dos distintos cursos de Acceso, as características da UNED, os servizos do centro e a metodoloxía específica desta Universidade.

  • Público: alumnos.
  • Data: 3 de outubro de 2016.
  • Horario: de 16:30 a 19:30 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Presentación. Curso de Acceso para maiores de 25, 40 e 45 anos. Requisitos do curso de acceso. Oferta formativa, materias e metodoloxía. Admisión, matrícula e bolsas. Orientación e planificación. Presentación dos titores do CAD no Centro Asociado.
  • Máis información aquí.

Xornada Informativa estudos de Grao

Obxectivo: Dar a coñecer a todos os alumnos novos de Grao, as características da UNED, os servizos do centro e a metodoloxía específica desta Universidade.

  • Data: 4 de outubro de 2016.
  • Horario: de 16:30 a 19:30 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Presentación: Que é a UNED? Centro Asociado. Campus Noroeste. Titorías. Recursos tecnolóxicos, Servizos do Centro Asociado. Requisitos do Curso de Acceso. Oferta Formativa, materias e metodoloxía. Admisión, matrícula e bolsas. Orientación e planificación. Prácticas curriculares e extracurriculares.
  • Máis información aquí.

Xornada Informativa das Delegacións de Estudantes

Obxectivo: Xornada onde os membros da Delegación de estudantes da UNED A Coruña, preséntanse e informan de todas as súas actividades e os procedementos que poidan resultar de interese aos alumnos matriculados no Centro Asociado.

  • Público: alumnos.
  • Data: 6 de outubro de 2016.
  • Horario: de 16:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa:  Temas de interese para estudantes do Centro Asociado. Propostas de estudantes. Propostas de actividades para o próximo curso organizadas pola delegación de estudantes. Revista "Faro do Saber". Convalidacións. Cursos virtuais. Recomendacións de formación. Matrícula, Técnicas de estudo, TIC...

HABILIDADES "TIC"

Trátase de sesións de apoio tecnolóxico onde se pretende introducir ao estudante da UNED A Coruña, na contorna virtual a empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance.

  • Público: alumnos.
  • Data: 23 de setembro de 2016.
  • Horario: de 10:00 a 12:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Web UNED. Web do Centro Asociado. aLF. Xestión do correo. Cursos Virtuais. Plataforma INTECCA.
  • Máis información aquí.

Xornada de actualización: "Coñecemento das TIC propias da acción tutorial"

Obxectivo: Ofrecer ao titor da UNED un repaso dos coñecementos e ferramentas básicas, para o desenvolvemento das titorías empregando as competencias tecnolóxicas, ferramentas e recursos da UNED. Coñecemento e funcionamento dos distintos recursos tecnolóxicos na UNED.

  • Público: profesores titores.
  • Data: 26 de setembro de 2016.
  • Horario: de 16:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

Taller: "Como manexar as plataformas TIC da UNED" (2ª Edición)

  • Público: alumnos.
  • Data: 11 de outubro de 2016.
  • Horario: de 17:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Web UNED. Web do Centro Asociado. aLF. Xestión de correo. Cursos Virtuais. Plataforma INTECCA.
  • Máis información aquí.

Taller: "Como manexar as plataformas TIC da UNED" (3ª Edición)

  • Público: alumnos.
  • Data: 18 de outubro de 2016.
  • Horario: de 17:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Web UNED. Web do Centro Asociado. aLF. Xestión do correo. Cursos Virtuais. Plataforma INTECCA.
  • Máis información aquí.

Taller: "Como manexar as plataformas TIC da UNED" (4ª Edición)

  • Público: alumnos.
  • Data: 24 de outubro de 2016.
  • Horario: de 17:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Programa: Web UNED. Web do Centro Asociado. aLF. Xestión do correo. Cursos Virtuais. Plataforma INTECCA.
  • Máis información aquí.

RECURSOS PARA O ESTUDO.

"Coñece a túa Biblioteca"

Obxectivo: Sesións onde se abordarán en formato presentación, os servizos e recursos da Biblioteca do Centro Asociado. Realizarase un achegamento das principais actividades e ferramentas desta Unidade e o procedemento específico necesario para o acceso e uso de referencias, fomentando a interación e participación dos asistentes.

Taller "Coñece a túa Biblioteca" 1ª Edición

Obxectivo: Ofrecer un primeiro achegamento á Biblioteca como centro de recursos para a aprendizaxe a través dunha sesión que fomente a interación e participación das persoas asistentes.

  • Público: alumnos.
  • Data: 6 de outubro de 2016.
  • Horario: de 19:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

Taller "Coñece a túa Biblioteca" 2ª Edición

Obxectivo: Ofrecer un primeiro achegamento á Biblioteca como centro de recursos para a aprendizaxe a través dunha sesión que fomente a interación e participación das persoas asistentes.

  • Público: alumnos.
  • Data: 28 de outubro de 2016.
  • Horario: de 19:00 a 20:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: sede A Coruña.
  • Máis información aquí.

APOIO NA FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN LIÑA

É un recurso que o Centro Asociado UNED A Coruña pon ao alcance de todos os alumnos para facilitar o seu proceso de matriculación nas instalacións do propio Centro, sede A Coruña.

Máis información na Secretaría do Centro.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Servizo de Secretaría

Servizo fundamental de información e atención ao público, sobre cuantos aspectos incumben á actividade universitaria do Centro Asociado. Como realizar os trámites académicos, a preinscrición, a matrícula, a solicitude de bolsas... Neste Servizo tamén se informará sobre os modelos de instancias para obter certificacións académicas, convalidacións, petición de títulos, traslado de expedientes, etc.

Máis información da Secretaría aquí.

Secretaría sede A Coruña

  • info@a-coruna.uned.es
  • Tfno. 981 14 50 51

Secretaría Aula Ferrol

  • info@ferrol.uned.es
  • Tfno. 981 36 40 26

COIE

O COIE é o Centro de Orientación, Información e Emprego. Un servizo especializado en ofrecer información e orientación servizos ao resto da comunidade universitaria do Centro e á rede empresarial, mantendo o obxectivo de ofrecer axuda para a integración académica e profesional dos estudantes.

Máis información do COIE aquí.

SAEE

O seu obxectivo é ofrecer información, asesoramento e orientación laboral aos alumnos da UNED, atendendo as necesidades e inquietudes profesionais. O Servizo de Axuda ao Emprego e ao Emprendemento dos Universitarios (SAEE) do Centro Asociado UNED A Coruña traballa en colaboración co COIE do Centro.

Máis información del SAEE aquí.

----------------------------{}---------------------------

NOTA: A información desta noticia e o contido das ligazóns, está actualizada a data da súa publicación de orixe, 16 de setembro de 2016.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es