Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A UNED está feita para min: a súa flexibilidade, a cantidade de medios que pon ao teu alcance para facilitarche a información das materias, as dúas semanas de exames, os centros asociados aos que podes acudir, etc. Foi unha experiencia gratificante"

6 de octubre de 2016

María Núñez Torreiro, graduada en Psicoloxía na UNED. Curso 2015/2016.

María Núñez realizou o Grao en Psicoloxía, con Mención en Psicoloxía da Saúde e Intervención en Trastornos Mentais e do Comportamento, nesta universidade, e finalizou os seus estudos durante o curso 2015/2016. É técnico intermedio en prevención de riscos laborais pola Universidade de Vigo e Ibermutuamur.

Por que decidiches realizar o Grao en Psicoloxía na UNED?

"Por que a UNED ofrecíame a oportunidade de estudar o Grao de Psicoloxía e poder coidar ao meu pai, que naquel momento atopábase nun delicado estado de saúde. A UNED permitiume conciliar a miña vida académica e familiar, por este motivo, gárdolle un especial agarimo a esta Universidade".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Pois ambos. Sempre quixen estudar Psicoloxía e dedicarme a iso profesionalmente. Pola miña situación familiar, a UNED permitíame realizarme academicamente e desenvolver a miña vida persoal".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Desde logo que si. O primeiro ano todo era novo para min, tiven que aprender a xestionar o meu tempo e esforzo. Creo que a constancia é a clave para poder estudar a distancia.

Aprender a utilizar todos os medios que a UNED pon ao teu alcance (páxina web, foros, titores, Servizos do centro asociado, etc.) foi de gran importancia, son ferramentas que che achegan gran cantidade de información e facilítanche o camiño".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"Achégame moitísimo cada día. No plano persoal achégame unha maior comprensión de min mesma e das persoas que me rodean. No plano profesional ábreme un "gran abanico" de opcións que non tiña. Agora que estou cualificada para exercer esta profesión, podo optar a postos de traballo en diferentes ámbitos".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"A miña familia sempre me apoiou de todas as maneiras posibles. Din que "o que algo quere, algo lle custa". Tiven que renunciar a tempo de lecer, familiar, etc. para poder estudar, aínda que, achegoume moito máis do que me quitou. Agora sinto que todo mereceu a pena, ser psicóloga é a miña recompensa".

Un pequeno xogo: tres aspectos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta universidade.

"Podería dicir mil aspectos positivos. Parecese que a UNED estivese feita para min: a súa flexibilidade, a cantidade de medios que pon ao teu alcance para facilitarche a información das materias, as dúas semanas de exames, os centros asociados aos que podes acudir, etc. Foi unha experiencia gratificante.

Aspectos negativos non atopo ningún xa que, como dixen antes, parece que está feita para min. O único que podería mencionar non ten nada que ver coa Universidade, poñíame nerviosa antes dos exames".

Anímasche a seguir estudando?

"Sen ningunha dúbida, de feito, estou a barallar algunhas opcións de Másteres Universitarios".

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 11:00hs el 3 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es