Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"É frecuente que as persoas conciban Facebook como unha rede social ao uso, pero a súa importancia didáctica está a aumentar día a día"

13 de octubre de 2016

José Manuel Varela Senra impartirá un curso sobre as calidades de Facebook desde unha perspectiva didáctica, os días 18 e 19 de outubro.

Facebook é a rede social con maior crecemento nos últimos anos. Plataforma creada por Mark Zuckerberg no ano 2004, sendo, nese momento alumno na Universidade de Harvard. No seu inicio pensouse para crear un espazo onde os estudantes puidesen formar grupos, manterse en contacto e compartir información de forma instantánea, e non recorrer así ao correo electrónico.

A evolución de Facebook trasladouse a máis usuarios: amigos, familiares, creando así unha identidade moito máis social. Na actualidade Facebook converteuse nun potente recurso para a difusión de actividades e coñecementos culturais. Perfílase como a ferramenta didáctica do futuro.

Durante as tardes do martes 18 e mércores 19 de outubro, a sede da UNED na Coruña acollerá o curso "Facebook como ferramenta didáctica", que poderá seguirse en directo, de maneira presencial no Centro Asociado, por streaming, para todas aquelas persoas que non poidan asistir ao Centro e en diferido.

Actividade que impartirá José Manuel Varela Senra, profesor titor do Centro Asociado desde o curso 2007/2008. Doutor en Ciencia e Tecnoloxía pola Univesidade da Coruña, Valera Senra é tamén licenciado en Ciencias Químicas, Grao en Enxeñería Forestal e Diplomado en Ciencias Ambientais.

Cales son os obxectivos iniciais do curso? A que público está dirixido?

"O obxectivo do curso é aprender a crear unha páxina de Facebook e a difundir os seus contidos de forma adecuada. É frecuente que as persoas conciban Facebook como unha rede social ao uso, pero a súa importancia didáctica está a aumentar día a día.

O público obxectivo é calquera persoa. Non é necesario ter coñecementos elevados nin de informática, nin tan sequera das redes sociais".

Que vantaxes ten Facebook como ferramenta didáctica, fronte a outras Redes Sociais?

"A principal vantaxe é que é a rede con maior difusión e a facilidade da súa manexo. Permítenos crear páxinas con contidos propios de calquera índole, agregar, fotografías, documentos, ligazóns?

Outro tipo de redes como Twitter, teñen unha capacidade moito menor de albergar contidos, e as páxinas similares a Facebook, como Google + teñen o hándicap do seu escaso alcance".

Na súa opinión, cal é o erro máis habitual do usuario de Facebook?

"O erro máis habitual, ao meu xuízo, é empregar Facebook como unha rede de relacións sociais, cando as oportunidades que nos ofrece son moito máis amplas".

Unha dúbida frecuente: É Facebook igual de eficiente en solitario ou a súa eficacia poténciase en compañía doutras Redes Sociais? Se é así, con cales?

"Normalmente en Twitter, onde podes enlazar os contenios da túa páxina de Facebook de forma automática e Google +. Instagram e Youtube, tamén nos permiten enriquecer os nosos contidos".

Cal pensa que é o segredo de chegar a máis e mellores usuarios en Facebook?

"A experiencia e ter as cousas claras. Saber o que realmente queres facer e a quen che queres dirixir e traballar nesa liña".

Canto evolucionou o público e o seu comportamento no uso desta ferramenta durante os últimos anos?

"Pois realmente moi pouco. E é unha pena. Facebook segue empregándose como un rede de relacións sociais, aínda que por fortuna cada vez hai máis persoas que a empregan con outros fins. Existen máis grupos temáticos diversos e a oferta de contidos é cada vez máis ampla".

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es